Manuel Ferraz de Campos Sales
Nome orixinal | (pt) Manoel Ferraz de Campos Salles |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 15 de febreiro de 1841 Campinas, Brasil |
Morte | 28 de xuño de 1913 (72 anos) Santos, Brasil |
Lugar de sepultura | Tributo a República (pt) Cemitério da Consolação (pt) , quadra 82 |
Senador de São Paulo (pt) | |
11 de xullo de 1912 – 28 de xuño de 1913 Lexislatura: 28ª legislatura do Congresso Nacional dos Estados Unidos do Brasil (pt) | |
Senador de São Paulo (pt) | |
3 de maio de 1909 – 31 de decembro de 1911 Lexislatura: 28ª legislatura do Congresso Nacional dos Estados Unidos do Brasil (pt) | |
4º Presidente do Brasil | |
15 de novembro de 1898 – 15 de novembro de 1902 ← Prudente de Morais – Francisco de Paula Rodrigues Alves → | |
Senador de São Paulo (pt) | |
15 de xuño de 1891 – 1 de maio de 1896 Lexislatura: 22ª legislatura do Congresso Nacional dos Estados Unidos do Brasil (pt) | |
Senador de São Paulo (pt) | |
15 de novembro de 1890 – 1896 | |
1º Ministro da Justiça do Brasil (pt) | |
18 de novembro de 1889 – 22 de xaneiro de 1891 ← Cândido Luís Maria de Oliveira (pt) – Henrique Pereira de Lucena (pt) → Gabinete ministerial: gabinete de Deodoro da Fonseca (pt) | |
Deputado provincial de São Paulo (pt) | |
10 de xaneiro de 1888 – 11 de xaneiro de 1889 | |
Deputado da Assembleia Geral do Brasil (pt) São Paulo | |
8 de maio de 1885 – 26 de setembro de 1885 | |
Deputado provincial de São Paulo (pt) | |
17 de xaneiro de 1882 – 15 de xaneiro de 1883 | |
Datos persoais | |
Educación | Facultade de dereito da Universidade de São Paulo Universidade de São Paulo |
Actividade | |
Ocupación | avogado, político, labrego |
Partido político | Partido Republicano Paulista (pt) |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Manuel Ferraz de Campos Sales,[1] nado en Campinas (estado de São Paulo) o 15 de febreiro de 1841 e finado en Santos o 28 de xuño de 1913, foi un avogado brasileiro e presidente do Brasil dende 1898 ata 1902.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Elixiuse senador en 1890, pero renunciou ó cargo catro anos despois para concorrer ao goberno do estado de São Paulo. En 1898 elixiuse presidente da República. Naquel ano, a economía brasileira, baseada na produción e exportación de café e caucho non ía ben. Sales xulgou que todos os problemas económicos se debían á desvalorización da moeda. Entón actuou en dúas frontes:
- Desenvolveu a chamada política dos gobernadores. A través desta, concedia favores ós estados, dende que os políticos daquel estado apoiasen no Congreso as accións do goberno central. A política dos gobernadores tamén ficou coñecida no Brasil na época como política café con leite, pois os principais estados envolvidos foron São Paulo e Minas Xerais (Nota: no Brasil actual, ese tipo de troco de favores entre políticos é coñecido como clientelismo politico).
- No plano exterior, estableceu un acordo con banqueiros ingleses, chamado funding loan. Con este acordo, suspendeu por 3 anos o pagamento dos intereses da débeda externa, e por 13 anos o pagamento da propia débeda. Os intereses sumaronse á débeda principal, e os pagamentos comezarían en 1911, co prazo de 63 anos para concluír o pagamento, e intereses de 5% ao ano. Os impostos das aduanas do Rio de Janeiro e de Santos ficarían hipotecados ós banqueiros ingleses, como garantía da débeda. Entón, libre do pagamento da débeda, pode fazer a súa política económica. Retirou unha parte do diñeiro en circulación e valorizou a moeda da época, o mil-réis de 48 mil-réis por libra esterlina para 14 mil-réis por libra-esterlina.
Presidente do Brasil | ||
---|---|---|
Segue a: Prudente de Morais |
Manuel Ferraz de Campos Sales | Precede a: Rodrigues Alves |
PRP (Partido Republicano Paulista) |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Conforme a norma ortográfica da lingua portuguesa ata 1940, escribíase Manoel Ferraz de Campos Salles.