Manuel García Montero
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de maio de 1937 (87 anos) Cenlle, España |
Alcalde de Cenlle | |
1969 – 2011 – Gabriel Alén Castro → | |
Actividade | |
Ocupación | político, mestre |
Manuel García Montero, nado en Cenlle o 23 de maio de 1937, é un mestre e político galego do PPdeG.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Mestre, foi director do Colexio de Cenlle. Foi nomeado alcalde de Cenlle en 1969. Nas primeiras eleccións democráticas encabezou a candidatura da UCD á alcaldía de Cenlle e foi elixido alcalde. Continuou como alcalde nas sucesivas eleccións, primeiro por Coalición Galega, despois por Centristas de Galicia e finalmente polo PPdeG, sempre con maioría absoluta. En 2011 decidiu non volver presentarse ás eleccións. É presidente do Consello Regulador da denominación de Orixe O Ribeiro.
Predecesor: ? |
Alcalde de Cenlle 1969 - 2011 |
Sucesor: Gabriel Alén Castro |