Manuel Llorente
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de xaneiro de 1952 (72 anos) Benetússer, España |
Actividade | |
Ocupación | empresario |
Deporte | fútbol |
Manuel Llorente Martín, nado en Benetússer (Valencia) o 25 de xaneiro de 1952, é un empresario español, presidente do Valencia Club de Fútbol entre 2009 e 2013.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou Económicas, entrou na empresa valenciana Mercadona, fundada e presidida por Juan Roig e ascendeu nela ata ocupar o cargo de «Director de Tendas».
Chegou ao Valencia CF en 1995 da man de Paco Roig, irmán de Juan e Fernando Roig, para ser o Xerente do club e posteriormente Director Xeral. Coa entrada á presidencia de Pedro Cortés e máis tarde de Jaume Ortí, continuou sendo o brazo executor dos presidentes desde 1999 ata o 2004, xunto a Javier Gómez no departamento económico, conseguiu os maiores éxitos deportivos do conxunto e controlar a débeda do club.
Coa chegada de Juan Soler á presidencia no 2006, de mutuo acordo co Presidente, rescindiu o seu contrato. En febreiro de 2007 pasou a ser Presidente do Pamesa Valencia e Director Xeral, debido ao traspaso de poderes que Juan Roig efectuou ao seu favor.
En xuño de 2009 volveu ao Valencia CF, esta vez como Presidente do club, levando a cabo unha ampliación de capital, dada a grave situación económica do club. O 5 de abril de 2013 dimitiu como presidente do Valencia CF.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]Predecesor: Vicente Soriano |
Presidentes do Valencia CF 2009-2013 |
Sucesor: Fernando Giner (en funcións) |