Manuel Rojas
Nome orixinal | (es) Manuel Rojas sepulveda |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 8 de xaneiro de 1896 Buenos Aires, Arxentina |
Morte | 11 de marzo de 1973 (77 anos) Santiago de Chile |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, poeta, escritor, escritor de contos, novelista, sindicalista |
Período de actividade | 1921 - |
Empregador | Universidade de Chile |
Premios | |
| |
Manuel Rojas, nado en Buenos Aires o 8 de xaneiro de 1896 e finado en Santiago de Chile o 11 de marzo de 1973, foi un escritor e intelectual chileno de grande recoñecemento, coñecido pola súa obra como novelista, xornalista, poeta e ensaísta.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado na Arxentina, Rojas trasladouse a Chile, país que marcou profundamente a súa traxectoria literaria e persoal.
A súa obra máis destacada, Hijo de ladrón, publicada en 1951, é considerada unha das novelas chilenas máis relevantes do século XX. Nela, Rojas narra a vida de Aniceto Hevia, un personaxe que reflicte en moitos aspectos as experiencias vividas polo autor (cousa que repite en Mejor que el vino), nun estilo que combina o realismo e o existencialismo.[2]
Rojas destacou pola súa capacidade de capturar a complexidade da condición humana, abordando temas como a identidade, a exclusión social e a loita da clase obreira.
No ámbito xornalístico e educativo, Rojas xogou un papel fundamental na difusión cultural en Chile, influenciando a xeracións de escritores tanto chilenos como de América Latina.[3]
Premios e homenaxes
[editar | editar a fonte]- En 2012 instaurouse un premio iberoamericano de narrativa co seu nome, de xeito análogo ao Premio de Poesía Pablo Neruda, homenaxeando ao poeta chileno Pablo Neruda.[4]
Novelas
[editar | editar a fonte]- Lanchas en la bahía (1932).
- La ciudad de los Césares (1936).
- Hijo de ladrón (1951).
- Mejor que el vino (1958).
- Punta de rieles (1960).
- Sombras contra el muro (1964).
- La oscura vida radiante (1971).
Notas
- ↑ lecturalia.com. "Manuel Rojas: libros y biografía autor". Lecturalia (en castelán). Consultado o 2023-11-04.
- ↑ "Los caminos de Aniceto Hevia. La evolución literaria de Manuel Rojas en Hijo de Ladrón y La oscura vida radiante. – Critica.cl" (en castelán). Consultado o 2023-11-04.
- ↑ 3,0 3,1 "Manuel Rojas (1896-1973) - Memoria Chilena". Memoria Chilena: Portal (en castelán). Consultado o 2023-11-05.
- ↑ "Premios Literarios ; Narrativa Manuel Rojas". premiosliterarios.cultura.gob.cl. Consultado o 2023-11-05.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Manuel Rojas |
Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |