Saltar ao contido

Marcomanos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os marcomanos (marcomanni en latín) eran un tribo xermana, probabelmente relacionados cos suevos ou suevi.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

Eruditos contemporáneos cren que o seu nome deriva dunha destes dúas posíbeis fontes:

  • 1) Formas do antigo xermano de Marca (fronteira) e man (home, así en inglés).
  • 2) O tribo tomou o nome do capitán romano Marco Romano que desertou das lexións de Druso o Maior durante a súa campaña en Xermania no -13 e que se cría que unificara unhas tribos xermánicas nunha razoabelmente cohesiva forza de ataque. Druso o Maior atacounos no -9, forzándoos dentro da Bohemia de hoxe en día. Nesa rexión o seu rei Marbod estableceu un poderoso reino que César Augusto percibiu como unha ameaza para Roma. Eventualmente Marbod foi desposuído e exiliado por Catualda (-19).

No século II, entraron nunha confederación xunto cos cuados, vándalos e sármatas contra Roma, probabelmente por maiores movementos tribais, como os godos. De acordo co historiador Eutropio, as forzas do emperador Marco Aurelio batallaron contra a confederación marcomana por tres anos no forte de Carnuntum en Panonia. Comparou a guerra e o triunfo de Marco Aurelio contra os marcomanos e os seus aliados coas guerras púnicas. A comparación foi xusta en tanto que esta guerra marcou un punto decisivo e tivo significativas derrotas romanas. Comezou no 166 e durou ata a morte de Marco Aurelio en 180, comprendendo as derrotas e a morte de dous comandantes da Garda Pretoriana. Foi, de feito, só un pequeno éxito, xa que desde o seguinte século en adiante o Danubio foi o principal fronte de batalla romano ata o colapso do Imperio Romano de Occidente no século V.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]