Saltar ao contido

Mariano Roque Alonso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaMariano Roque Alonso
Imaxe

Localización
Mapa
 25°12′44″S 57°31′59″O / -25.2122, -57.5331
EstadoParaguai
DepartamentosDepartamento Central Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación101.715 (2018) Editar o valor en Wikidata (2.365,47 hab./km²)
Xeografía
Superficie43 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude64 m Editar o valor en Wikidata
Creación27 de outubro de 1927 Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal1110 Editar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico021 Editar o valor en Wikidata

Sitio webmra.gov.py… Editar o valor en Wikidata

Mariano Roque Alonso é unha cidade de Paraguai sitúada no Departamento Central, na aglomeración urbana da Gran Asunción. Orixinouse a finais da Guerra de Paraguai; foi fundada no 1945 e está situada entre o río Paraguai, Limpio, Luque e Asunción; a uns 18 quilómetros do centro da capital do país. A boa localización da cidade permitiu o desenvolvemento comercial, industrial, servizos e social.

É sede da maior Expo anual de Paraguai, onde empresas, industrias, comerciais e servizos expoñen os avances que tiveron nas súas respectivas áreas. É unha das cidades paraguaias de máis crecemento económico dos últimos anos.

Mario Roque Alonso divídese en 14 barrios:

  • Arecayá
  • Caacupemi
  • Caaguy-Cupé
  • Central
  • Corumba-Cué
  • Defensores del Chaco
  • María Auxiliadora
  • Monseñor Bogarín
  • Remanso Castillo
  • San Blás
  • San Jorge
  • San Luis
  • San Ramón
  • Virgen de la Rosa Mística

Xeografía

[editar | editar a fonte]

A cidade abarca 50m², e localízase no Departamento Central, delimita co norte de Limpio nos lugares coñecidos como Paso Ñandejára e estancia Surubi’y sobre o regueiro Itay, ao sur co barrio Loma Pyta da cidade de Asunción, ao leste coas cidades de Luque e Limpio, servindo como divisoria con estas cidades o regueiro Itay e ao oeste co río Paraguai.

Demografía

[editar | editar a fonte]

Mariano Roque Alonso conta cunha poboación de 87.029 en total, dos cales 43.300 son homes e 43.728 son mulleres, segundo proxeccións da Dirección General de Estadísticas, Ecuestas y Censos.[1]

Galería de Imaxes

[editar | editar a fonte]