Saltar ao contido

Martín Veiga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMartín Veiga
Biografía
Nacemento1970 Editar o valor en Wikidata (53/54 anos)
Noia, España Editar o valor en Wikidata
Licensed (en) Traducir Universidade de Santiago de Compostela
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversity College Cork - hispanismo
Universidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoHispanismo e lingua galega Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpoeta, crítico, tradutor, académico Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversity College Cork, mestre (1999–2005) Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoPoesía Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX1520893 BUSC: veiga-alonso-martin-1970

Martín Veiga Alonso, nado en Noia en 1970, é un poeta, tradutor e crítico literario galego.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa pola USC. Doutor en Estudos Hispánicos pola Universidade de Cork.[2]

Colabora en prensa, revistas literarias e libros colectivos con ensaios, artigos, poemas, traducións ao galego de autores de lingua inglesa e traducións ao inglés de poemas galegos. Foi lector de galego no "Irish Centre for Galician Studies"[3] do departamento de Estudos Hispánicos da Universidade de Cork, en Cork (Irlanda), e tamén profesor de lingua española, director do citado centro de estudos galegos de Cork e director do centro de "Creative Writing" (escritura creativa) nesa mesma universidade.[4]

Como poeta, participou en numerosos recitais, colaborou nas revistas Ólisbos, Eis, Lúa Nova, Dorna; Southword, SERTA, Madrygal. Revista de Estudios Gallegos.

É coeditor de Galicia 21: Journal of Contemporary Galician Studies[5] publicando Espazos naturais, mobilidades textuais: novas perspectivas críticas sobre a obra de Xavier Queipo (2013)[6] e Text, Image, Archive: Galician Literature and the Visual Arts (2022), con David Miranda-Barreiro.

Gran parte da súa obra crítica, xunto á súa tese de doutoramento, estivo centrada na figura e obra de Antón Avilés de Taramancos.[7]

  • Reading Spanish and Latin American Literatures: New Directions in Research (2005). Con Nuala Finnegan.
  • A Different Eden: Ecopoetry from Ireland and Galicia (2021). Con Keith Payne e Lorna Shaughnessy.
  • Here and Beyond: Narratives of Travel and Mobility in Iberian Culture (2022). Con Helena Buffery, Sergi Mainer e David Miranda-Barreiro.

Antoloxías e obras colectivas

[editar | editar a fonte]

Tese de doutoramento

[editar | editar a fonte]

Tradución

[editar | editar a fonte]
  • Ferrovías (2020) [Railtracks] de John Berger e Anne Michaels, con fotografías de Tereza Stehlíková. Santiago: Chan da Pólvora. ISBN 9788412101881
  1. 1,0 1,1 "El coruñés Martín Veiga ganó la sexta edición del Fiz Vergara". La Voz de Galicia (en castelán). 2006-03-11. Consultado o 2023-04-06. 
  2. "Martín Veiga Alonso Portal del Hispanismo". hispanismo.cervantes.es (en castelán). Consultado o 2023-04-06. 
  3. "UCC: Hispanic Studies: Irish Centre for Galician Studies". web.archive.org. 2008-06-20. Archived from the original on 20 de xuño de 2008. Consultado o 2023-04-06. 
  4. Unknown (2010-12-03). "POETAS SIGLO XXI - ANTOLOGIA MUNDIAL + 20.000 POETAS: Editor: Fernando Sabido Sánchez #Poesía : 2267.- MARTÍN VEIGA". POETAS SIGLO XXI - ANTOLOGIA MUNDIAL + 20.000 POETAS. Consultado o 2023-04-06. 
  5. "- galicia21, issue E". galicia21journal.org. Consultado o 2023-04-06. 
  6. Diario, Nós (2014-06-06). "A revista Journal of Galician dedícalle un monográfico ao “planeta” literario de Xabier Queipo". Nós Diario. Consultado o 2023-04-06. 
  7. "University College Cork". UCC (en inglés). Consultado o 2023-04-06. 
  8. "Diary of Crosses Green". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-28. 
  9. Lecturafilia (2020-09-08). "«A ganancia e a perda» de Martín Veiga". Lecturafilia. Consultado o 2023-04-06. 
  10. "Edicións Laiovento - RAICEIRAS E VENTO. A OBRA POÉTICA DE ANTÓN AVILÉS DE TARAMANCOS". laiovento.gal. Consultado o 2023-04-06. 
  11. "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2023-04-06. 
  12. Diario, Nós (2017-04-17). "A Fundación Rosalía e Martín Veiga, premios Pedrón de Ouro e de Honra 2017". Nós Diario. Consultado o 2023-04-06. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]