Matasunta
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 518 (Gregoriano) |
Morte | 551 (32/33 anos) |
Actividade | |
Ocupación | raíña |
Outro | |
Título | Raíña |
Familia | Amalos |
Cónxuxe | Germano Vitixes |
Fillos | Germano () Germano |
Pais | Eutarico e Amalasunta |
Irmáns | Atalarico |
Descrito pola fonte | Allgemeine Deutsche Biographie |
Matasunta ou Matasuenda (en gótico: Mat(h)aswinþa, en latín: Mathesuentha ou Matesuentha; en grego: Ματασουνθα; en italiano Matasunta), nada no 518 e finada no 551 en Rávena, é filla de Eutarico e Amalasunta, e irmá de Atalarico. Teodorico o Grande (rei dos godos) e Audofleda (irmá de Clodoveo I, rei dos francos) foron os pais da súa nai, polo que é parte da liñaxe dos Amalos e da dinastía dos francos.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiro casamento
[editar | editar a fonte]Polo 536, casou con Vitixes, novo rei dos ostrogodos, mediante un matrimonio forzado porque Vitixes non era dunha liñaxe relevante e a princesa era reticente a casar con alguén de nivel inferior ó dela. Así e todo, Procopio de Cesarea afirma que, deste xeito, Vitixes lexitimaba a súa posición como rei[3] pois tralo asasinato da súa nai Amalasunta, ela era a única persoa da dinastía Amala.[2] O panexírico deste matrimonio (no 536) foi realizado por Casiodoro, prefecto do pretorio, e conservouse. Trátase dunha fórmula retórica romana que describe a dinastía gótica baixo unha visión romana favorable.
Durante a Guerra gótica de Italia, cando estando en Rávena, a cidade foi atacada polo exército bizantino no 538, planeou entrega-la cidade ás tropas sitiadoras baixo o mando do xeneral Xoán. No 539-540 algúns almacéns de gran foron destruídos e, tamén, se sospeitou que ela fora a instigadora dos lumes.[2] Finalmente, no 540, seu esposo Vitixes foi derrotado polo xeneral bizantino Belisario e este capturou a Vitixes e Matasunta e levounos a Constantinopla, onde Vitixes morreu sen descendencia.[4]
Segundo casamento
[editar | editar a fonte]Trala morte deste, Matasunta casou en 550 con Xermano Xustino, un xeneral e patricio curmán do emperador bizantino co que tivo un fillo, Xermanus, nado logo da morte de seu pai, a finais do 550 ou principios do 551. Este seu segundo matrimonio tamén tiña un significado político, pois Xermano, nomeado por Xustiniano comandante militar supremo de Italia,[2] estaba a preparar un exército para invadir Italia en mans dos ostrogodos antes de se produci-la guerra gótica.[5] Ao casar con Matasunta, converteuse nun posible pretendente ao trono dos ostrogodos, uníndose a través da súa muller á liñaxe dos Amalos. Esperaba poder inducir aos godos á paz: tiveron un fillo, tamén chamado Xermano, pero o seu esposo morreu no 551 e desbaratouse a idea dunha unión dinástica de Bizancio con Italia.
Sábese pouco, con certeza, sobre o seu fillo, aínda que hai autores que o identifican co patricio Xermanus, un senador importante no reinado do emperador Mauricio (que reinou do 582 ao 602), e cuxa filla casou con Teodosio,[6][7] o fillo máis vello de Mauricio. Outros autores, como Michael Whitby, identifícano con outro Xermanus, xenro de Tiberio II Constantino e Ino Anastasia.[8]
A fonte principal para a vida de Matasunta foi Xordanes que se refire a ela, na súa obra Gética, nos seguintes termos:[9]
Eutarico casou con Amalasunta e tivo dous fillos: Atalarico e Matasunta. Atalarico morreu sendo neno e Matasunta casou con vitixe, mais non tiveron fillos. O matrimonio foi capturado por Belisario e enviado a Constantinopla, onde vitixes morreu de causas naturais. Xermano (sobrió de xustiniano) tomouna por esposa e xuntos tiveron un fillo, tamén chamado Xermano. Á morte do seu marido, decidiu permanecer viúva.
Nas artes
[editar | editar a fonte]Matasunta foi un dos personaxes principais da novela ucrónica de ciencia ficción De peur que les ténèbres de Lyon Sprague de Camp en 1939.
Tamén é un dos personaxes da película de aventuras For the Conquest of Rome I (1968) de Robert Siodmak. O personaxe está encarnado pola actriz sueca Harriet Andersson .
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Martindale & Morris (1980)
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 Wolfram, Herwig (2008). "Matasunta". Trecani - Dizionario Biografico degli Italiani (en italiano). Consultado o 11-1-2020.
- ↑ Procopius, Vol. II, De Bello Gothico I.11, p. 61.
- ↑ Chastagnol (1996)
- ↑ Bagnell Bury (1958), p. 254.
- ↑ Martindale & Jones & Morris (1992), pp. 528, 531–532
- ↑ Martindale & Morris (1980), pp. 505–506
- ↑ Whitby (1988), p. 77
- ↑ "JORDANES. THE ORIGIN AND DEEDS OF THE GOTHS. Capítulo XIV". people.ucalgary.ca (en inglés). (traducido por Charles C. Mierow). Consultado o 11-1-2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Matasunta |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Bagnell Bury, John (1958). History of the Later Roman Empire: From the Death of Theodosius I to the Death of Justinian (en inglés) II. Nova York: Dover Publications Incorporated.
- Chastagnol, André (1996). La fin du monde antique (en francés). París: Nouvelles Editions Latines. ISBN 9782723305266.
- Le Beau, Charles (1827). Histoire du Bas-Empire (en francés) VIII. París: Imprimerie de Firmin Didot.
- Martindale, John R.; Morris, John (1980). The Prosopography of the Later Roman Empire - Volume II, AD 395–527 (en inglés). Cambridge / Nova York: Cambridge University Press. ISBN 978-0521201599.
- Martindale, John R.; A. H. M, Jones; Morris, John (1992). The Prosopography of the Later Roman Empire - Volume III, AD 527–641 (en inglés). Cambridge / Nova York: Cambridge University Press. ISBN 0-521-20160-8.
- Whitby, Michael (1988). The Emperor Maurice and his historian: Theophylact Simocatta on Persian and Balkan warfare (en inglés). Oxford: Oxford University Press. ISBN 0-19-822945-3.