Saltar ao contido

Matilde Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMatilde Fernández

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Matilde Fernández Sanz Editar o valor en Wikidata
24 de xaneiro de 1950 Editar o valor en Wikidata (74 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Deputada de España
20 de marzo de 1996 – 18 de xaneiro de 2000

Circunscrición electoral: Cantabria

Substituto na Asemblea Parlamentaria do Consello de Europa
Representa: España

30 de xaneiro de 1995 – 1 de xuño de 1996
Deputada de España
25 de xuño de 1993 – 9 de xaneiro de 1996

Circunscrición electoral: Cantabria

Deputada de España
13 de novembro de 1989 – 13 de abril de 1993

Circunscrición electoral: Cantabria

Concelleiro de Madrid
Deputada na Asemblea de Madrid
Senadora de España
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítica, sindicalista Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obreiro Español da Comunidade de Madrid
Partido Socialista Obrero Español Editar o valor en Wikidata
Membro de
Participou en
18 de agosto de 2020En defensa do reinado de Xoán Carlos I
25 de febreiro de 2020Manifesto por unha política migratoria e de asilo propia dunha sociedade democrática avanzada Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm3039233 BNE: XX1724540 Dialnet: 1389361 Editar o valor en Wikidata

Matilde Fernández Sanz, nada en Madrid o 24 de xaneiro de 1950, é unha política, sindicalista e feminista española membro do Partido Socialista Obreiro Español.[1] Dende 2017 preside o Comité español de ACNUR.

Foi secretaria xeral da Federación Estatal de Industrias Químicas e Enerxéticas de UXT (1977-1988). En 1984 foi elixida membro da Comisión Executiva do PSOE e Secretaria da Muller, impulsando a introdución das cotas de mulleres nunha porcentaxe non inferior ao 25% para todos os órganos de dirección do partido aprobadas en 1988.

Foi Ministra de Asuntos Sociais de España (1988-1993) no cuarto goberno socialista de Felipe González converténdose xunto a Rosa Conde nas primeiras mulleres que formaron parte dun executivo socialista presidido por González. No ano 2000 ela e Rosa Díez foron as primeiras mulleres que aspiraron a liderar o socialismo español presentando as súas candidaturas á Secretaría Xeral do PSOE.[2]

Foi deputada nacional por Cantabria (1989-2000) concelleira en Madrid (1999-2003), deputada autonómica da Asemblea de Madrid (2003-2015) e senadora pola Comunidade de Madrid (2008-2011).

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Licenciada en Filosofía e Letras (Psicoloxía) pola Universidade Complutense de Madrid, o seu avó materno era socialista e a súa nai pertencera ás Mocidades Socialistas.[3] Traballou como psicóloga industrial durante 15 anos en diferentes empresas.

Ingresou no Partido Socialista Obreiro Español en 1973. Un ano antes, en 1972 ingresara na UXT. Na clandestinidade á ditadura franquista, desenvolveu a maior parte do seu traballo no ámbito sindical, chegando a ser secretaria xeral da Federación Estatal de Industrias Químicas e Enerxéticas de UXT dende a súa legalización en 1977 até 1988.[4]

No XXX Congreso do PSOE celebrado en decembro de 1984 foi elixida membro da Comisión Executiva Federal (1984-1997) situándose á fronte da Secretaría da Muller.[3] Defensora da incorporación das mulleres nos postos de dirección do sindicato e do partido, o seu traballo á fronte da secretaría da muller foi clave para que en xaneiro de1988 no XXXI Congreso do PSOE se aprobase un sistema de cotas de representación de mulleres nunha porcentaxe non inferior ao 25% para todos os órganos de dirección do partido en todos os niveis. A obriga convertíase en vontade para a elaboración das listaxes electorais e así foi plasmado nos estatutos do partido.[5]

En xullo de 1988 formou parte do cuarto gabinete de goberno de Felipe González (1988-1993). O seu nomeamento como Ministra de Asuntos Sociais xunto ao de Rosa Conde como portavoz do goberno supuxo a incorporación por primeira vez de mulleres nun goberno socialista presidido por González.[3]

Outros cargos institucionais que Fernández asumiu posteriormente foron o de deputada ao Congreso por Cantabria durante catro lexislaturas, de 1989 a 2000, concelleira no Concello de Madrid (1999-2003), o de deputada autonómica da Asemblea de Madrid ( 2003-2015) e o de senadora pola Comunidade de Madrid (2008-2011). Foi tamén representante no Consello de Europa e vicepresidenta da Internacional Socialista de Mulleres.

En xuño de 1997 asumiu a presidencia do Partido Socialista de Cantabria-PSOE[6]. O 22 de xullo de 2000 presentouse como candidata á secretaría xeral do PSOE, xunto a José Bono, Rosa Díez e José Luís Rodríguez Zapatero, que foi finalmente o elixido. Matilde Fernández quedou en terceira posición como representante do sector coñecido entón como "guerrista". En 2010 apoiou a Tomás Gómez Franco nas primarias de 2010 no Partido Socialista Madrileño.

Formou parte do padroado de varias fundacións e organizacións non gobernamentais, como Solidariedade Internacional ou Fundación Españoles por el Mundo. Dende 2007 forma parte da xunta directiva do Comité español de ACNUR, organización que preside dende 2017 e da que foi tamén vicepresidenta.[4]

En 2020 foi unha das asinantes do manifesto para esixir ao Goberno o cesamento "inmediato" das devolucións en quente.[7]

Orde Masónica Mixta Internacional Le Droit Humain

[editar | editar a fonte]

O avó materno de Fernández era masón. Nunha conferencia celebrada en Oviedo, convidada pola loxa ovetense Progreso 1850 con motivo da súa entrega anual de premios, Matilde Fernández mostrou a súa estrañeza de que as ordes masónicas de influencia británica, que representan a maioría, seguisen sen admitir mulleres. Na súa conferencia, sinalou que unha das súas principais referencias políticas e vitais, Clara Campoamor, tamén era masoa.[8]

Membro da Federación Española da Orde Masónica Mixta Internacional Le Droit Humain-El Derecho Humano, o 8 de marzo de 2014, Día Internacional da Muller, Matilde Fernández apareceu publicamente xunto a outros masones vestindo cos rituais propios da orde para defender que "a masonaría defende as causas de progreso, como os dereitos da muller".[9]

  1. "Ilma. Sra. Dª. Matilde Fernández Sanz". Asemblea de Madrid. Arquivado dende o orixinal o 23 de abril de 2016. Consultado o 11 de abril de 2016. 
  2. "La ex candidata a liderar el PSOE Matilde Fernández presentará mañana a Susana Díaz" (en castelán). 25 de marzo de 2017. Consultado o 27 de marzo de 2019. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Dos mujeres, por primera vez en el Gobierno socialista". El País (en castelán). 8 de xullo de 1988. ISSN 1134-6582. Consultado o 27 de marzo de 2019. 
  4. 4,0 4,1 "Matilde Fernández, comprometida con los refugiados". Consultado o 27 de marzo de 2019. 
  5. "Las mujeres del PSOE logran una representación del 25% en todos los órganos del partido". El País (en castelán). 24 de xaneiro de 1988. ISSN 1134-6582. Consultado o 27 de marzo de 2019. 
  6. Los guerristas conservan el control de Cantabria con la reelección de Blanco por estrecho margen, en ABC (30/06/1997)
  7. Sánchez, Gabriela. "Manuela Carmena, cargos electos del PSOE y un centenar de juristas exigen al Gobierno en un manifiesto que no aplique las devoluciones en caliente" (en castelán). Consultado o 28 de febreiro de 2020. 
  8. Fernández-Pello, Elena (17 de novembro de 2018). "Feminista y de izquierdas hasta en la logia". La Nueva España (Oviedo). Consultado o 17 de novembro de 2018. 
  9. "La masonería sale a la calle con atuendos rituales por primera vez en España". Consultado o 10 de marzo de 2014.