Mi vida sin mí
Mi vida sin mí | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Mi vida sin mí |
Director | Isabel Coixet |
Produtor | Esther García Gordon McLennan |
Guión | Isabel Coixet |
Baseado en | Pretending the Bed Is a Raft de Nanci Kincaid |
Intérpretes | Sarah Polley Scott Speedman Mark Ruffalo Amanda Plummer Deborah Harry |
Música | Alfonso Vilallonga |
Fotografía | Jean-Claude Larrieu |
Montaxe | Lisa Robison |
Estudio | El Deseo D.A. Milestone Productions Inc. |
Distribuidora | Sony Pictures Classics |
Estrea | 17 de decembro de 2003 |
Duración | 106 minutos |
Orixe | Canadá España |
Xénero | Drama |
Recadación | $9 726 954 (internacional) |
Na rede | |
Mi vida sin mí é unha coprodución española e canadense dirixida por Isabel Coixet no ano 2003. Está baseada na novela Pretending the bed is a raft de Nanci Kincaid.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Ann (Sarah Polley) é unha moza de 23 anos que traballa como limpadora polas noites. Casou moi nova e é nai de dúas fillas Penny (Jessica Amlee) e Patsy (Kenya Jo Kennedy) co seu noivo de sempre, Don (Scott Speedman), que pasa máis tempo no paro que traballando. A parella vive nunha caravana no xardín da casa da nai de Ann, en Vancouver, mentres que o seu pai leva anos no cárcere.
A súa vida vai cambiar de xeito radical cando nun recoñecemento médico descobre que está gravemente enferma e que lle queda pouco tempo de vida. A partir de aí Ann, sen contarlle a ninguén o que ocorre, fai unha lista das cousas que quere facer nos dous meses que lle quedan antes de morrer.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Sarah Polley como Ann
- Scott Speedman como Don
- Mark Ruffalo como Lee
- Deborah Harry como nai de Ann
- Jessica Amlee como Penny
- Kenya Jo Kennedy como Patsy
- Amanda Plummer como Laurie
- Leonor Watling como Ann
- Maria de Medeiros como a perruqueira
- Julian Richings como Dr. Thompson
- Alfred Molina como pai de Ann
Premios
[editar | editar a fonte]- Premio Goya á mellor canción orixinal
- Premio Goya ó mellor guión adaptado
- Nomeado ó Premio Goya á mellor película
- Nomeado ó Premio Goya á mellor dirección
- Nomeado ó Premio Goya á mellor interpretación feminina protagonista
Unión de Actores
[editar | editar a fonte]- Premio da Unión de Actores á mellor actriz secundaria (Leonor Watling)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Mi vida sin mí na IMDb (en inglés).
- Web oficial