Miguel IV
Nome orixinal | (el) Μιχαήλ Δ΄ Παφλαγών |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1010 Paflagonia, Turquía |
Morte | 10 de decembro de 1041 (30/31 anos) Constantinopla, Turquía |
Lugar de sepultura | Constantinopla |
Emperador bizantino | |
11 de abril de 1034 – 10 de decembro de 1041 ← Romano III – Miguel V, Zoe Porfiroxénita → | |
Actividade | |
Ocupación | Emperador |
Familia | |
Familia | Dinastia macedônica (pt) |
Cónxuxe | Zoe Porfiroxénita |
Irmáns | João, o Eunuco Constantí el Paflagoni George |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron |
Miguel IV, "o Paflagonio", nado en 1010 e finado o 10 de decembro de 1041, (en grego Μιχαήλ Παφλαγών, que significa "da provincia de Paflagonia"), foi un emperador bizantino do 11 de abril de 1034 ao 10 de decembro de 1041.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Debeu a súa elevación á emperatriz Zoe, filla de Constantino VIII e muller de Romano III, que namorada de Miguel, que era o seu chambelán, envelenou ao seu marido para casar pouco despois con el, ambos feitos ocorreron en 1034.
Miguel, con todo, que era unha persoa de pouco carácter e sufría ataques epilépticos, deixou o poder en mans do seu irmán, Xoán o Eunuco, que fora primeiro ministro con Constantino e Romano. As reformas de Xoán no exército e o fisco permitiron un certo rexurdir da potencia bizantina, que se mantivo fronte aos ataques inimigos.
Na fronteira oriental, a importante cidade de Edesa foi liberada tras un longo asedio. Os musulmáns occidentais foron practicamente expulsados de Sicilia por Xurxo Maniaces (que levou a cabo alí as súas campañas entre 1037 e 1040), pero unha expedición contra os normandos de Italia sufriu sucesivas derrotas, e trala partida de Maniaces, moitas das súas conquistas en Sicilia perdéronse (1041).
No norte, os serbios tiveron éxito na súa revolta (1040), pero a perigosa rebelión dos búlgaros e outros eslavos balcánicos, que ameazaba as cidades de Tracia e Macedonia, foi reprimida pola triunfante campaña dirixida polo emperador en persoa pouco antes da súa morte.
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Miguel Psello o Xove, Cronografía (ed. esp.: Miguel Pselo, Vidas de los emperadores de Bizancio, Madrid: Ed. Gredos, 2005).
Imperio Bizantino | ||
---|---|---|
Segue a: Romano III |
Miguel IV | Precede a: Miguel V |
Dinastía Macedonia |