Miguel Maura
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Miguel Maura Gamazo, nado en Madrid o 13 de decembro de 1887 e finado en Zaragoza o 3 de xuño de 1971, foi un político español.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Miguel Maura, que era fillo do político monárquico Antonio Maura foi elixido deputado en 1916. Partidario primeiro e logo detractor da ditadura de Primo de Rivera evolucionou desde posicións monárquicas cara a un republicanismo sempre moderado.
Pertenceu, xunto a Niceto Alcalá-Zamora á Derecha Liberal Republicana, un dos partidos republicanos asinantes do Pacto de San Sebastián. Cando en agosto de 1931, Derecha Liberal troca o nome polo de Partido Republicano Progresista, Maura non estivo moi de acordo e, en xaneiro de 1932, abandona o novo partido xunto con trece deputados, para crear o Partido Republicano Conservador.
Foi un dos máis distinguidos políticos dos inicios da II República Española, na que chegou a ser Ministro da Gobernación durante o Goberno Provisional (abril-outubro 1931), producíndose durante o seu mandato os episodios da "queima dos conventos" e a proclamación da Primeira República Galega. Ao formarse en outubro de 1931 o novo goberno, presidido por Manuel Azaña, Maura xa non figurou nel.
Na primavera de 1936 alcanzaron forte eco, aínda que ningunha consecuencia práctica, os seus artigos xornalísticos reclamando a instauración dunha "ditadura republicana" como medida para saír da caótica situación político-social reinante desde a chegada ao poder da Fronte Popular.
Ao iniciarse a guerra civil atopábase de veraneo en La Granja. O Presidente da República, Manuel Azaña, ofreceulle a Presidencia dun Goberno "de unión nacional" para enfrontarse coa sublevación, oferta que Maura rexeitou (e que Azaña pasou a presentar a Martínez Barrio, quen aceptou).
De novo en Madrid e sabedor de que as milicias anarquistas buscábano para executalo, pediu axuda a Indalecio Prieto quen lle procurou un avión militar co que se trasladou a Tolosa (Francia), conseguindo así salvar a vida, a diferenza do seu irmán Honorio Maura, executado polas milicias anarquistas e comunistas no forte de Guadalupe en Irún no verán de 1936. Miguel Maura regresou a España en 1953 e alí permaneceu ata a súa morte en 1971.
Obra
[editar | editar a fonte]- Así cayó Alfonso XIII: de una dictadura a otra, Marcial Pons. ISBN 978-84-96467-44-6.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Miguel Maura |
A Galicitas posúe citas sobre: Miguel Maura |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Hidalgo Marín, Inés Sofía (1995). "La familia Gamazo: élite castellana en la restauración (1874-1923)". Investigaciones históricas: Época moderna y contemporánea (15): 107–118. ISSN 0210-9425.
- Álvarez Rey, Leandro (2009). Los Diputados por Andalucía de la Segunda República 1931-1939 1. Centro de Estudios Andaluces. ISBN 978-84-613-1326-6.
- Urquijo y Goitia, José Ramón de (2008). Gobiernos y ministros españoles en la Edad Contemporánea. Biblioteca de Historia 69 (2 ed.). CSIC-Dpto. de Publicaciones. ISBN 9788400087371.