Saltar ao contido

Myrtaceae

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Mirtáceas»)
Beaufortia orbifolia.

Myrtaceae é unha familia botánica pertencente á orde Myrtales que comprende 130 xéneros e preto de 3.000 especies. Son plantas arbustivas ou arbóreas perennifolias representadas nas Américas principalmente polo Eucalyptus spp. nativo da Australia. Actualmente é cultivado en larga escala nas rexións tropicais (principalmente África e o Brasil) para obtención de materia prima como: madeira serrada, celulosa na fabricación de papel, carbón vexetal para fins enerxéticos etc. Son plantas ricas en óleos esenciais. Especies tan coñecidas coma os eucaliptos, as feixoas, as goiabeiras e mais os mirtos pertencen, por exemplo, a esta familia.

Características

[editar | editar a fonte]

Son árbores ou arbustos, raramente subarbustos; plantas hermafroditas ou ás veces (Eucalyptus) con algunhas flores estaminadas. Follas simples, opostas, raramente subalternas (agás nalgúns dos xéneros introducidos que posúen follas alternas), enteiras (raramente crenadas), pelúcido-punteadas, con glándulas xeralmente resinosas e recendentes; pecioladas, sen estípulas. Inflorescencias racemosas ou cimosas, con frecuencia paniculadas ou modificadas como glomérulos, dicasios ou agrupacións umbeliformes ou as flores solitarias, bracteadas, axilares ou raramente subterminais, flores abrazadas por unha parella de bractéolas; lobos do cáliz comunmente 4–5, libres ou imbricados ou crebándose irregularmente durante a antese, ou o cáliz caliptrado e circuncísil, comunmente persistente; pétalos miúdos a grandes ou ausentes, comunmente brancos; estames comunmente en número indefinido, libres, insertos sobre a marxe do receptáculo, filiformes, anteras ditecas, dehiscentes por aperturas lonxitudinais, pole triquetro; ovario ínfero, con 2–varios lóculos, óvulos 2 ou numerosos, estilo simple, estigma capitado ou peltado. Froitos carnosos en forma de bagas e drupas, ou secos en forma de cápsulas, aquenios ou pixidios nalgunhas especies introducidas; embrión variábel.[1]

  • Chamalauciaceae, Heteropyxidaceae, Kaniaceae, Leptospermaceae, Melaleucaceae, Myrrhiniaceae, Psiloxylaceae.[2]
  1. "Myrtaceae". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden: Flora de Nicaragua. Consultado o 20 de febreiro 2010. 
  2. Listado de sinónimos de Myrtaceae. [1].

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Fl. Guat. 24(7): 283–405. 1963;
  • Fl. Pan. 45: 165–201. 1958.
  • O. Berg. Revisio myrtacearum americae. Linnaea 27: 1–472. 1855–56; R. McVaugh. The genera of American Myrtaceaean interim report. Taxon 17: 354–418. 1968.
  • T.D. Standley y E.M. Ross. Myrtaceae. Fl. South-Eastern Queensland 2: 119–218. 1986.
  • P.E. Sánchez-Vindas. Flora de Nicaragua: Myrtaceae. Brenesia 31: 53–73. 1989.
  • P.E. Sánchez-Vindas. Myrtaceae. Fl. Veracruz 62: 1–146. 1990.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]