Moción de confianza
Unha moción de confianza é o instrumento político do que dispón o máximo responsábel dun órgano de goberno nos réximes democráticos para afrontar unha situación de debilidade do poder executivo fronte ao Parlamento, e mediante a cal o equipo de goberno pide o expreso apoio a unha política concreta ou a un programa. A perda da moción leva xeralmente aparellada a dimisión constitucional da autoridade máxima e a elección dun novo, ben de forma inmediata ou ben tras unhas eleccións, responsábel político.
A moción de confianza resulta tamén nalgúns sistemas o contrapoder do executivo fronte a unha posíbel moción de censura.
En Galiza, unha das máis recentes e sonadas mocións de confianza perdidas por un executivo e derivadas nun cambio de goberno, tivo lugar na alcaldía de Vigo durante o mandato de Ventura Pérez Mariño, do PSdeG-PSOE, ao que substiuíu a a militante do Partido Popular Corina Porro.