Modesto Hermida
(2015) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de abril de 1946 (78 anos) Vales, España |
Actividade | |
Ocupación | catedrático, escritor |
Familia | |
Fillos | Alexandre Hermida, Sabela Hermida |
Modesto Hermida García, nado en Vales (San Cristovo de Cea) o 21 de abril de 1946, é un profesor e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou na Escola de Maxisterio de Ourense, en 1968 aprobou a oposición de Mestre Nacional, exerceu en Asturias e mentres estudou Filosofía e Letras (Filoloxía Románica) na Universidade de Oviedo e na de Santiago de Compostela. En 1981-82 colaborou no Gabinete da Reforma Educativa. En 1982 aprobou a oposición de Profesor agregado de Lingua e Literatura Galegas exercendo no instituto de Redondela. En 1988 empezou a exercer de Inspector de Bacharelato na Consellería de Educación. En 1992 adquiriu a condición de Catedrático de Lingua Galega e Literatura. En 1993 foi profesor Titular de Filoloxía Galego Portuguesa de Escola Universitaria na USC. En 1995 leu a tese de doutoramento en Filoloxía Románica pola USC[1]. Volveu á función de inspector na Consellería de Educación, xubilándose en maio de 2012.[2]
Na década de 1970 militou no Partido Comunista e en Comisións Obreiras. Formou parte da primeira directiva do PEN-CLUBE de Galicia, 1990. De 1987 a 1992 foi Director Literario de Ir Indo Edicións. Entre 1987 e 1988 foi colaborador do programa cultural de TVG Visións. De 1990 a 1996 participou no Diario Cultural da Radio Galega. En 1996 foi premio da Crítica-Galicia, na modalidade de Investigación.
Colaborou en varios xornais galegos, especialmente no Faro de Vigo ("Artes e Letras", "A pizarra"), ás veces co pseudónimo Rego Mazaira.[3] Colaborou no Proxecto Galicia (Hércules Edicións) dirixido por Darío Villanueva.
En 2015, foi homenaxeado coa publicación do libro Polos vieiros das palabras. Homenaxe a Modesto Hermida, a cargo de Xesús Alonso Montero e Antón Pulido Novoa.[4]
Publicacións
[editar | editar a fonte]Poesía
[editar | editar a fonte]- No fío da navalla e outros poemas (2010), Vigo, Ir Indo Edicións, ISBN 9788476806616.[5]
- Dez textos poéticos en A carón do mar (serigrafías) de Antón Pulido (2010), Vigo.
Narrativa
[editar | editar a fonte]- O tempo escuro (2018), Ir Indo, ISBN 978-84-7680-739-2. Relatos.[6]
Estudos literarios
[editar | editar a fonte]- As revistas literarias en Galicia na Segunda República (1987), Sada, Ediciós do Castro, ISBN 8474923301
- Castelao para nenos (1988), Madrid, Ediciones de la Torre, ISBN 9788486587284
- "Literatura gallega" en Letras españolas 1988 (1989), Madrid, Ed. Castalia y Ministerio de Cultura, ISBN 84-7039-549-1
- Castelao e “Os dous de sempre” (1990), Vigo, Editorial Galaxia, ISBN 9788471547453
- Narrativa Galega: Tempo do Rexurdimento (1995), Vigo, Edicións Xerais de Galicia, ISBN 9788475078861 (tese de doutoramento)
- Nas Ondas de Galicia (2009), Vigo, Ir Indo Edicións, ISBN 9788476806357 (escolma e artigos na radio)
- Xesús Alonso Montero (palabras e compromiso) (2010), Vigo, Ir Indo Edicións, ISBN 9788476806586
- "Xesús Alonso Montero, obxecto poético", en Ágora de Orcellón, nº 30: Homenaxe a Xesús Alonso Montero (2015), Instituto de Estudios Carballiñeses, ISSN 1577-3205
- "Manuel María n´O Carballiño", en Cadernos Ramón Piñeiro (XXV): Manuel María. Cecais hai unha luz (2016), Xunta de Galicia, ISBN 978-84-453-5216-8
- "Carlos Casares: da miña acordanza", en Cadernos Ramón Piñeiro (XXVII): Carlos Casares: homenaxe (2017), Xunta de Galicia, ISBN 978-84-453-5258-8
Edicións de textos literarios
[editar | editar a fonte]- Ramón de Valenzuela, Non agardei por ninguén (1989), Vigo, Edicións Xerais de Galicia, ISBN 8475074111
- Xan de Masma (Patricio Delgado Luaces), A besta (1993), Vigo, Editorial Galaxia, ISBN 8471548577
- Luís Otero Pimentel, Campaña da Caprecórneca (1994), Vigo, Editorial Galaxia, ISBN 8471549034
- Narradores ocasionais do século XIX (relato breve) (2003), Santiago de Compostela, CIRP, ISBN 844533736X
- Federico García Lorca, Seis poemas galegos (2004), Santiago de Compostela, Dirección Xeral de Política Lingüística e Xefatura Superior de Policía de Galicia
Libros para o ensino
[editar | editar a fonte]- Lingua galega 6 (con guía didáctica) (1985), Madrid, Ediciones S.M.
- A prensa en galego (1993), Santiago de Compostela, Xunta de Galicia
Libros para o ensino dos que é coautor:
- Lingua galega 8 (con Guía didáctica) (1985), Madrid, Ediciones S.M.
- Lingua galega 6 (con Guía didáctica) (1986), Madrid, Ediciones S.M.
- Lingua galega 7 (con Guía didáctica) (1986), Madrid, Ediciones S.M./Editorial Galaxia
- Lingua galega 8 (con Guía didáctica) (1986), Madrid, Ediciones S.M./Editorial Galaxia
- Lingua galega e literatura. Secundaria 2 (con Guía didáctica) (1997), Madrid, Ediciones S.M.
Traducións
[editar | editar a fonte]- Correo da Unesco, novembro de 1993
- Ramón Izquierdo Perrín, Santiago de Compostela, Camino de la Salud, edición trilingüe, (2003), A Coruña, Hércules Ediciones
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Lourdes Mondelo Vázquez. É o pai da actriz e bailarina Sabela Hermida e do consultor e enxeñeiro Alexandre Hermida.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ficha do autor Arquivado 19 de abril de 2016 en Wayback Machine. no sitio web dos Premios da Crítica.
- ↑ Alonso Montero, Xesús; Pulido, Antón (2014). Polos vieiros das palabras. Homenaxe a Modesto Hermida. Ir Indo Edicións. ISBN 978-84-7680-718-7.
- ↑ "Pseudónimos galegos". ogalego.eu. Consultado o 28/09/2017.
- ↑ Homenaxe a Modesto Hermida, no sitio web da Xunta de Galicia.
- ↑ "Modesto Hermida llega a la poesía caminando por el «Fío da navalla»". lavozdegalicia.es. Consultado o 06/12/2018.
- ↑ Hermida, Modesto (2018). O tempo escuro. Ir Indo. ISBN 978-84-7680-739-2.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Hermida García, Modesto". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. ISBN 84-8064-113-4.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Alonso Montero, Xesús (24/4/2015). "Modesto Hermida: homenaxe". La Voz de Galicia.