Saltar ao contido

Mohammed ben Mizzian

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMohammed ben Mizzian

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ar) محمد بن مزيان Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1 de febreiro de 1897 Editar o valor en Wikidata
Beni Ensar, Marrocos Editar o valor en Wikidata
Morte1 de maio de 1975 Editar o valor en Wikidata (78 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Ministro de Defensa Marrocos
17 de xuño de 1968 – 4 de agosto de 1971
← Mohamed Haddou Chiguer (en) TraducirMohamed Oufkir (pt) Traducir →
Ambassador of Morocco to Spain (en) Traducir
1966 – 1970
Capitán General de Canarias (en) Traducir
3 de xuño de 1955 – setembro de 1956
← Miguel Rodrigo Martínez (en) TraducirJosé María López Valencia (en) Traducir →
Capitán Xeneral da VIII Rexión Militar
23 de xuño de 1953 – 3 de xuño de 1955
← Francisco Delgado SerranoCarlos Rubio López-Guijarro →
General Commander of Ceuta (en) Traducir
25 de marzo de 1950 – 23 de xuño de 1953
Comandante en xefe
setembro de 1938 – Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIslam Editar o valor en Wikidata
EducaciónAcademia de Infantería de Toledo (1913–1916) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndiplomático, militar Editar o valor en Wikidata
Membro de
Regulares (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rama militarExército de Terra de España e Forças Armadas do Marrocos (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Rango militarTenente xeneral (1953–)
mariscal Editar o valor en Wikidata
Conflitoguerra civil española
Guerra do Rif Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosTamy Tazi, Meriem Mazian, Leïla Mezian Benjelloun Editar o valor en Wikidata
ParentesOthman Benjelloun, xenro Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX5070370

Mohammed ben Mizzian ben el Kasem, nado en Mazzuza (Guelaya, na rexión do Rif), o 1 de setembro de 1897 e finado en Rabat o 1 de maio de 1975, foi un militar dos exércitos de España e Marrocos, nos que atinxiría a máxima graduación.

Participou na Guerra Civil española, acabando por ser nomeado Capitán Xeneral de Galiza, e logo das Canarias, por Francisco Franco. Cando Marrocos obtivo a súa independencia, no ano 1957, ben Mizzian ingresou no exército marroquí.

Biografía

[editar | editar a fonte]

Seu pai era caid da cabila na súa vila natal. En 1913 foi enviado á Academia de Infantería de Toledo, que abandonou co grao de segundo tenente. Destinado ao Exército de África, ascendeu por méritos na Guerra do Rif (foi ferido nas accións de Annual en 1921), combatendo contra os insurrectos rifeños de Abd el Krim. En 1923 era xa capitán e, en 1925, comandante.

Guerra Civil

[editar | editar a fonte]

Tralo Alzamento Nacional do Exército español en 1936, que se adianta ao día 17 de xullo no Marrocos español, ben Mizzian únese aos sublevados. Participou á fronte dos regulares —entón unidades de tropas marroquís— nos diversos movementos das tropas franquistas, desde o Sur de España até Madrid; e posteriormente noutras accións no Norte (Asturias —dirixindo aquí as tropas galegas enviadas en socorro de Oviedo—, Teruel, Ebro)... Cando o exército franquista toma Castelló, ben Mizzian era xa coronel.

Capitán Xeneral de Galiza

[editar | editar a fonte]

Acabada a guerra, Ben Mizzian foi nomeado comandante xeneral de Ceuta. En 1944 foi promovido a xeneral, e en 1953 é ascendido a tenente xeneral, sendo destinado á VIIIª Rexión militar, é dicir Galiza, como Capitán Xeneral da mesma. Estivo a fronte da mesma, oficialmente, entre o 26 de xuño de 1953 e o 3 de xuño de 1955, é dicir case dous anos. Ao cesar en Galiza, ben Mizzian pasou a facerse cargo da Capitanía Xeneral das Illas Canarias.

Ministro da Defensa de Marrocos

[editar | editar a fonte]

Cando Marrocos conseguiu a independencia, pasou á reserva no Exército español, o 22 de marzo de 1957, para ingresar no Exército marroquí. En 1964, o novo rei, Hassan II, nomeouno Ministro de Defensa. Dous anos despois foi destinado a Madrid, como embaixador de Marrocos en España. En 1970, foi ascendido a mariscal, a máxima graduación do Exército marroquí, e era promovido a ministro de Estado.

En 1975, afectado de grave doenza, foi trasladado a Madrid, para ser internado nun hospital militar, desde onde foi reenviado a Rabat, na que faleceu o 1 de maio dese ano.