Moje 3
Moje 3 | |
---|---|
Moje 3 no Festival da Canción de Eurovisión 2013 | |
Orixe | Belgrado, Serbia |
Período | 2013 |
Xénero(s) | Pop, Pop-Rock, Balada. |
Selo(s) discográfico(s) | Prva Records, PGP-RTS |
Membros | Nevena Božović, Sara Jovanović, Mirna Radulović. |
Na rede | |
Moje 3 (Serbio cirílico: Moje 3; galego: Miñas 3) foi unha girl band serbia formado por Nevena Božović, Sara Jovanović e Mirna Radulović. Son coñecidas por representar a Serbia no Festival da Canción de Eurovisión 2013 en Malmö coa canción "Ljubav je svuda".[1] O grupo cantou na primeira semifinal e non logrou clasificarse para a final da competición quedando no posto 11.
Historia da banda
[editar | editar a fonte]2012-13: Prvi glas Srbije
[editar | editar a fonte]Nevena Božović, Sara Jovanović e Mirna Radulović atopábanse nos escenarios da segunda temporada de Prvi glas Srbije (Galego: A Voz de Serbia), un espectáculo de talentos musicais serbios similar a La voz de España, e as tres foron collidas pola xuíz Aleksandra Radović para o seu grupo. As tres chegaron á gran final, que foi celebrada o 20 de xaneiro de 2013, gañando Mirna Radulović e quedando segunda e terceira, Nevena Božović e Sara Jovanović respectivamente.[2]
2013: Festival da Canción de Eurovisión 2013 e disolución do grupo
[editar | editar a fonte]En febreiro de 2013, anunciábase que as tres participarían en Beosong 2013, a elección nacional serbia para o Festival da Canción de Eurovisión 2013, baixo o nome de Moje 3. A súa canción, "Ljubav je svuda" (Galego: O amor está en todas partes), era composto e producido por Saša Milošević Mare, con letra de Marina Tucaković.[3] Saša Milošević Mare era un dos tres xuíces en Prvi glas Srbije. O 2 de marzo de 2013, Moje 3 competía na semifinal da selección nacional, satisfactoriamente asegurando un de cinco sitios para a final da competición. O 3 de marzo de 2013, Moje 3 gañaba o Beosong 2013 e o dereito de representar a Serbia no Festival da Canción de Eurovisión 2013 en Malmö, Suecia.
Antes do Festival da Canción de Eurovisión, Moje 3 publicou versións promocionais da súa canción con músicas diferentes e en inglés. Serbia foi asignada a actuar na primeira semifinal da competición de 2013 o 14 de maio de 2013, pechando o espectáculo tras actuar no posto 16.[4] A canción non logrou clasificarse para a final, terminando na posición 11 con 46 puntos.[5][6] Moje 3 posteriormente gañaba o Premio Barbara Dex, un premio humorístico dado ao artista peor vestido cada ano no festival.[7]
Antes da súa colaboración, elas xa explicaban que non estaban a formar unha banda se non que soamente actuarían como trío para o Beosong. En maio de 2013, Moje 3 anunciaba a súa disolución, que as tres continuarían traballando na súa carreira solitaria.[8]
Outros traballos
[editar | editar a fonte]- O 31 de xaneiro de 2013, participaban nun concerto de caridade para recoller fondos para o Orfanato Drinka Pavlovi en Belgrado.[9]
Discografía
[editar | editar a fonte]Sinxelos
[editar | editar a fonte]- Ljubav je svuda
- Ljubav je svuda (Pop Rock)
- Love is all around (Versión de Ljubav je svuda en inglés)
- Love is all around (Pop Rock)
- Love is all around (Balada)
Premios
[editar | editar a fonte]- 2013 - Premio Barbara Dex
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Moje 3 representará a Serbia no Festival da Canción de Eurovisión 2013
- ↑ "Mirna Radulović gaña a superfinal do Prvi glas Srbije". Arquivado dende o orixinal o 23 de xaneiro de 2013. Consultado o 14 de xullo de 2013.
- ↑ "Saša Milošević Mare compón a canción de Moje 3 para representar a Eurovisión 2013". Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2013. Consultado o 14 de xullo de 2013.
- ↑ Revelados os postos de actuación da primeira semifinal
- ↑ Xa temos aos primeiros 10 finalistas
- ↑ Resultados da primeira semifinal do Festival de Eurovisión 2013
- ↑ Serbia gaña o premio Barbara Dex 2013
- ↑ Sepárase a girlband serbia Moje 3
- ↑ Finalistkinje PGS kuvale za decu bez roditelja.