Mondariz-Balneario
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia de Pontevedra | ||||
Capital | Mondariz-Balneario | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 703 (2023) (292,92 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 2,4 km² | ||||
Altitude | 758 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | César Gil Bernárdez | ||||
Eleccións municipais en Mondariz-Balneario | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 36890 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 36031 | ||||
Páxina web | mondarizbalneario.gal |
Mondariz-Balneario é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Condado. Segundo o INE en 2021 tiña 675 habitantes. Cunha superficie de 2,3 km² é o concello máis pequeno de Galicia. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «mondaricense».
Poboación
[editar | editar a fonte]Censo total en 2014 | 682 habitantes |
---|---|
Menores de 15 anos | 86 (12.61 %) |
Entre 15 e 64 anos | 436 (63.93 %) |
Maiores de 65 anos | 160 (23.46 %) |
Historia
[editar | editar a fonte]No termo municipal hai restos dun poboado castrexo no Coto de Cividade. Da época da romanización consérvanse os restos dunha calzada sobre o río Tea.
O concello está situado preto do castelo de Sobroso, polo que a fonte de Gándara adoitaba recibir a visita da nobreza. Segundo a tradición, en 1282 casaron na capela de San Pedro o rei Dinis de Portugal e a infanta Sabela de Portugal.[Cómpre referencia]
Durante o Antigo Réxime esta zona pertencía á provincia de Tui, unha das sete do Reino de Galiza. Trala reforma administrativa, o 30 de novembro de 1833 a xurisdición de Sobroso pasou a ser dependente da provincia de Pontevedra. O lugar pertencía aínda á parroquia de Mondariz, até que en 1904 se creou a parroquia de Troncoso.
A comezos do século XX o empresario Enrique Peinador promoveu a recuperación da fonte de Gándara e a creación do balneario, que axiña se converteu nun centro de hospedaxe frecuentado pola burguesía.
Após se constituír como entidade local menor, o 30 de novembro de 1924, co nome da Nosa Señora de Lourdes, a parroquia pasou a formar un concello independente, facendo referencia o seu nome ao balneario de augas medicinais. O 17 de abril de 1925 o rei Afonso XIII concedeulle á vila o título de "Moi Hospitalaria".
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes de Mondariz-Balneario.
-
Igrexa parroquial.
-
Mondariz-Balneario dende o Castelo de Sobroso.
-
Capela de San Pedro.
Parroquias
[editar | editar a fonte]Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Mondariz-Balneario | |
---|---|
Lugares de Mondariz-Balneario
[editar | editar a fonte]Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Mondariz-Balneario vexa: Lugares de Mondariz-Balneario.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mondariz-Balneario |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Díaz Martínez, C., Álvarez Limeses, G. e Bragado, M. (2003): A memoria de Mondariz-Balneario. Álbum de Postais. Vigo, Edicións Xerais de Galicia. ISBN 978-84-9782-023-3
- Mondariz, publicación periódica, desde 1915.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- balneariomondariz.es (en castelán).