Saltar ao contido

Monte Pelée

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaMonte Pelée
Imaxe
TipoEstratovolcán
Domo de lava
montaña
Cumio
punto máis alto Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaSaint-Pierre Editar o valor en Wikidata
Localización
ContinenteAmérica do Norte Editar o valor en Wikidata
División administrativaMartinica, Francia Editar o valor en Wikidata
Mapa
 14°48′47″N 61°09′56″O / 14.8131, -61.1656
Características
Altitude1.397 m Editar o valor en Wikidata
Prominencia topográfica1.397 m Editar o valor en Wikidata
Material usadoAndesita
andesita basáltica
dacita Editar o valor en Wikidata
Historia
Período de tempoPlistoceno Superior Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
23 de abril de 1902-5 de outubro de 1905erupción do Monte Pelée de 1902
8 de maio de 1902 fluxo piroclásticodestrución (Saint-Pierre)
1929-1932derradeira erupción volcánica Editar o valor en Wikidata

O Monte Pelée ou Monte Pelair, volcán novo situado en Saint Pierre, na Martinica, causou en 1903 a máis devastadora erupción volcánica da que se ten coñecemento.

Sábese que preto de 30 mil persoas morreron por causa desta erupción que deu unha completa nova concepción aos estudos volcánicos. O fluxo piroclástico, unha cinza volcánica con preto de 300 °C, cubriu 20 km ao longo de toda a cidade de Saint Pierre seguida pola lava, de aproximadamente 1000 °C.

O efecto do fluxo piroclástico é tan devastador que en tres minutos exterminou a vila, e derreteu casas e predios. As persoas foron encontradas queimadas, e mortas debido ás explosións.

En verdade, dous meses antes da erupción xa se comezaba a percibir que houbera erros con respecto ao volcán, mentres, unha mestura de ignorancia e euforia impediran a evacuación da cidade, a saber:

  • Eleccións que estaban moi próximas.
  • Peticións do gobernador para que non se deixase a cidade e, os que deixaran, que volvesen.
  • Recusa da materia alarmante, por falta de espazo, polo xornal local.
  • A existencia dun enorme cráter, o cal se consideraba que conduciría a lava para o mar.
  • O día do fenómeno eruptivo (08/05/1903) era a festa do día da Ascensión polo que foi festivo en Saint Pierre, o que incentivou a máis persoas volveren para a cidade.

Para se ter noción da forza volcánica, rexístrase que conseguiu lanzar pedras do tamaño dunha casa. Ninguén na cidade sobreviviu, con excepción dun único home, Ludger Cilbaris. Tratouse dun preso no cárcere e, xustamente por iso, zafouse da morte. De feito, as varias capas de parede que constituíron a súa "cela" filtraron as partículas de magma que forman parte do fluxo piroclástico. Aínda así, o "home marabilloso" (como ficou coñecido) sufriu serias queimaduras e, antes de ser encontrado, pasou catro días de agonía, fame e medo até ser encontrado por catro estudantes.

Este evento foi un punto de inflexión nos estudos volcánicos e sábese que, pola idade xeolóxica do Monte Pelée, se produciron outras erupcións de iguais proporcións.

Hoxe, a pesar dos 30.000 habitantes de 1903, Saint Pierre conta con apenas 5.000 habitantes e o famoso monte é monitorado regularmente. No museo da cidade aínda se poden atopar varios obxectos que foron completamente deformados polo efecto da calor.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]