Montehermoso
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Estremadura | |||
Provincia | Provincia de Cáceres | |||
Capital | Montehermoso | |||
Poboación | ||||
Poboación | 5.619 (2023) (58,53 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 96 km² | |||
Altitude | 394 m | |||
Comparte fronteira con | Aceituna Riolobos (pt) Guijo de Galisteo (pt) Alagón del Río Valdeobispo (pt) Galisteo (pt) Pozuelo de Zarzón (pt) | |||
Creación | século XIII | |||
Santo padrón | Bertomeu | |||
Organización política | ||||
• Alcalde | Carlos Javier Labrador Pulido (en) | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 10810 | |||
Fuso horario | ||||
Código INE | 10127 | |||
Páxina web | montehermoso.es |
Montehermoso é un concello estremeño na provincia de Cáceres, España, que contaba no 2008 con 5769 habitantes. Montehermoso foi fundada no século XIII como aldea do Señorío de Galisteo e emancipouse como concello en 1837, cando o resto dos lugares do señorío.
Limita ao norte con Pozuelo de Zarzón e Aceituna, polo sur con Riolobos, polo oeste Guijo de Galisteo e polo oriente linda con Galisteo e Valdeobispo.
Todos os regatos de Montehermoso van para ao río Alagón, que marca o límite dos termos municipais de Montehermoso e Valdeobispo e de Montehermoso e Galisteo. Os arroios máis importante que pasan polo concello son os de Aceituna, El Pez, La Nava e Ribera del Bronco.
No norte do concello atópase o encoro de Montehermoso, no arroio do Pez. Outro encoro é a presa de Valdeobispo, no seu límite con Valdeobispo.
No seu territorio encóntranse ademais varias lagoas, como a Lagoa del Tremedal, Lagoa del Jerrao, Lagoa Nueva etc.
Demografía
[editar | editar a fonte]Evolución da poboación de Montehermoso desde 1530 ata 2007 | ||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1530 | 1591 | 1754 | 1827 | 1845 | 1857 | 1860 | 1877 | 1887 | 1897 | 1900 | 1910 | 1920 | 1930 | 1940 | ||||||||||
656 | 1328 | 2200 | 3757 | 3726 | 2895 | 2832 | 2686 | 2919 | 2848 | 2979 | 3493 | 3501 | 3730 | 4390 | ||||||||||
1950 | 1960 | 1970 | 1981 | 1991 | 1996 | 1999 | 2000 | 2001 | 2002 | 2003 | 2004 | 2005 | 2006 | 2007 | ||||||||||
4994 | 6006 | 6412 | 5408 | 5247 | 5368 | 5211 | 5356 | 5545 | 5493 | 5616 | 5654 | 5623 | 5668 | 5710 |
Festas
[editar | editar a fonte]- Os Negritos, 2 e 3 de febreiro.
- Sambartolos, 24 de agosto.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Montehermoso |