Montferrer i Castellbò
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Cataluña | ||||
Provincia | Provincia de Lleida | ||||
Comarca | Alt Urgell | ||||
Capital | Montferrer (en) | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.093 (2023) (6,19 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 188 (1553) | ||||
Lingua oficial | lingua catalá | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 176,7 km² | ||||
Bañado por | Río Segre | ||||
Altitude | 732 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Mayor of Montferrer Castellbó (en) | Albert Marquet Lacaya (en) (2023–) Jordi Calvet Vila (en) (–2023) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 25711 | ||||
Código INE | 25140 | ||||
Código territorial IDESCAT | 251403 | ||||
Páxina web | montferrercastellbo.cat |
Montferrer i Castellbò é un concello da provincia de Lleida, en Cataluña. Pertence á comarca do Alt Urgell e tiña en 2014 unha poboación de 1.027 habitantes repartidos en 27 entidades de poboación.
A capital municipal é a localidade de Montferrer. Inclúe a entidade municipal descentralizada de Vila i Vall de Castellbò, que incluía a antiga vila de Castellbò co seu termo. O actual concello é o resultado da anexión do concello de Castellbò ao de Aravell i Bellestar, cambiando a denominación pola actual e pasando a ser Montferrer a capital municipal. Anteriormente o concello de Aravell i Bellestar xurdira da fusión dos concellos de Aravell, Bellestar e Montferrer.
O concello forma parte do Parque Natural de l'Alt Pirineu. O aeroporto de La Seu d'Urgell atópase en terreos de Montferrer i Castellbò e do veciño concello de Ribera d'Urgellet.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Montferrer i Castellbò |
- Sitio web oficial (en catalán)