Mortalidade infantil
A mortalidade infantil é o indicador demográfico que sinala o número de defuncións de nenos nunha poboación de cada mil nacementos vivos rexistrados, durante o primeiro ano da súa vida.[2]
As principais causas de mortalidade infantil son asfixia no nacemento, pneumonía, complicacións no parto, infección neonatal, diarrea, malaria e malnutrición.[3] Moitos factores inflúen na mortalidade infantil, como o nivel educativo da nai, as condicións sociais e a infrestrutura política e médica. A mellora da sanidade, o acceso a auga potable, a inmunización contra enfermidades infecciosas e outras medidas de saúde pública poden axudar a reducir a mortalidade infantil.
A mortalidade infantil foi un indicador empregado para monitorizar o progreso nos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio das Nacións Unidas para o ano 2015. É un dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostíbel.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Infant Mortality Rates in 2008 Arquivado 12 de marzo de 2014 en Wayback Machine. Population Reference Bureau
- ↑ Julio Pérez Díaz (21 de novembro de 2010). "Mortalidad intrauterina y mortalidad infantil". Apuntes de demografía (en español). Consultado o 28 de marzo de 2014.
Clasificación OMS
- ↑ [1] Arquivado 20 de novembro de 2015 en Wayback Machine. Causes of infant mortality
- ↑ UN-DESA (ed.). "Sustainable Development Knowledge Platform". Consultado o 23 de abril de 2016.