Saltar ao contido

Nîmes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaNîmes
Nîmes (fr)
Nimes (oc) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Lema«COLNEM» Editar o valor en Wikidata
Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 43°50′18″N 4°21′35″L / 43.8383, 4.3597
EstadoFrancia
Divisións administrativasFrancia Metropolitana
RexiónsOccitania
DepartamentoGard
Distritosarrondissement of Nîmes (en) Traducir
Public institution of intermunicipal cooperation with own taxation (en) TraducirCommunauté d’agglomération Nîmes Métropole (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación148.104 (2021) Editar o valor en Wikidata (915,07 hab./km²)
Xeografía
Situado na entidade territorial estatísticaQ108921657 Traducir
Q3551099 Traducir Editar o valor en Wikidata
Superficie161,85 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude56 m-215 m-21 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataJean-Paul Fournier (pt) Traducir (2001–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal30000 e 30900 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico466 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Salamanca
Plasencia
Fresno
Preston (pt) Traducir (1955–)
Verona (1960–)
Braunschweig (1962–)
Praga (1967–)
Frankfurt (Oder) (1976–)
Rishon LeZion (1986–)
Meknès (pt) Traducir (2005–)
Córdoba (2013–)
Fort Worth (2019–) Editar o valor en Wikidata

Sitio webnimes.fr Editar o valor en Wikidata
Facebook: ville2nimes Twitter: nimes Instagram: ville_de_nimes LinkedIn: ville-de-nîmes Youtube: UCHLr0SPSowOVCV_h73ymMxA BNE: XX128382 Editar o valor en Wikidata

Nîmes (en francés: Nîmes, en occitano: Nimes) é unha cidade do sur de Francia, capital do departamento de Gard, na rexión de Occitania. O seu nome na época romana era Nemausus.

Situación xeográfica

[editar | editar a fonte]

A súa altitude máxima é de 215 m (116 m en zona urbana) e a altitude mínima é de 21 m (45 m en zona urbana). Nîmes está situada nunha chaira —de aí as fortes calores estivais e as frecuentes inundacións— entre sete outeiros (en realidade, só tres grandes topograficamente), como Roma, particularidade que lle valeu o epíteto de «Roma francesa». En plena garriga, atópase a 35 km do mar Mediterráneo, a 20 km da Camargue, a 35 km dos Cévennes e a 20 km do río Ródano. Sinala a divisoria a Provenza (a súa extremidade oeste), e o Languedoc (no seu extremo leste). Nîmes está, ademais, moi próxima a outras grandes e históricas cidades: Arles (27 km), Avignon (44 km), Alès (46 km), Montpellier (54 km), ou mesmo Orange (65 km), Sète (84 km), Aix-en-Provence (95 km) e Marsella (100 km). Nîmes é a 28ª cidade que ocupa maior superficie na Francia metropolitana (161,85 km² ; Arles é a 1ª e París a 50ª).

Nîmes goza dun clima privilexiado cunha temperatura suave estábel ao longo do ano e un asoallamento excepcional. Porén, o mistral tende a relativizar a dozura invernal. No verán, debido a súa posición topográfica (nunha foxa), sofre ás veces fortes calores.

  • Asoallamento: 2.670 horas/ano (media francesa: 1.973 h/ano)
  • Precipitacións: 760 mm/an (media francesa: 770 mm/ano)
  • Neve: 3 días/ano (media francesa: 14 días/ano)
  • Trebóns: 24 días/ano (media francesa : 22 días/ano)
  • Néboas: 11 días/ano (media francesa: 40 días/ano)

A media das temperaturas é de 6,5 °C no inverno e de 23,5 °C en verán (unha das máis elevadas de Francia), con xornadas puntuais con máis de 35 °C.

O anfiteatro romano de Nimes.

Orixes e época romana

[editar | editar a fonte]

Orixinalmente foi un asentamento galo, pero entre os anos 120 e 117 a. C. foi ocupada polos Romanos. Foi o procónsul Gnaeus Domitius Enobarbus quen o incorporou para asegurar o camiño a Hispania e construíu a vía Domitia fundando Narbona, capital da Galia Transalpina e posteriormente da Narbonense (27 a. C.). Ao redor de 50 a. C. convértese en colonia romana, conservando, adaptado baixo a forma Nemausus, o seu primitivo nome galo[1]. Moitos dos veteranos de Xulio César establecéronse alí e déronlles parcelas de terra para cultivar na chaira de Nimes, aínda que a propia colonia non estivo totalmente organizada até c. 27 B. C., a través de Agripa. Nimes substituíu a Narbona como capital da Narbonense.

Idade Media

[editar | editar a fonte]

En 462 caeu en mans dos visigodos, que a mantiveron tras a derrota da Vouillé e a destrución do reino de Tolosa, formando parte da Septimania visigoda. Un bispado aparece no século V. Conquistada polos musulmáns aos visigodos en 719, en 754 pasou aos carolinxios e foi sede dun condado, que estaba ligado a Septimania. En 872 Nimes pasou ao conde de Tolosa. Até 1185 os vizcondes non recoñeceron a soberanía feudal de Tolosa. Nimes foi ocupada polos cruzados de Simón de Montfort en 1215 pero volveu baixo a soberanía dos vizcondes da dinastía Trencavel en 1224, até que en 1226 as tropas reais a recuperaron e Lois IX de Francia foi coroado. No ano 1271 incorporouse á coroa.

Idade Moderna

[editar | editar a fonte]

Durante a Reforma converteuse nun bastión hugonote, producindo en 1567 un masacre de católicos chamado Miguelada. Despois dun período de decadencia que comezou coa revogación en 1685 do Edicto de Nantes, comezou un período de prosperidade económica.

O tecido denim recibe o seu nome da contración de-Nimes. Ese tecido foi empregado en teas para barcos e deu lugar aos jeans.[2]

Patrimonio

[editar | editar a fonte]
Torre Magna.
  • Les Arenes, anfiteatro romano do (século I). Transformado en fortaleza durante a Idade Media, alberga na actualidade espectáculos diversos, mesmo corridas de touros.
  • A Maison Carrée, templo da época imperial (século I) colocado no centro do foro da cidade romana.
  • A Tour Magne (Torre Magna), principal torre do recinto fortificado da época romana, posto sobre o outeiro que domina Nimes, elévase aínda 32 metros (pese a perder o seu terceiro nivel).
  • Os Jardins de la Fontaine, realizados no século XVII sobre un precedente, comprenden tamén as ruínas do Templo de Diana.
  • O Castellum, punto de chegada do acueduto (famoso pola Pont du Gard), era un depósito para distribuír a auga na cidade. Está escavado, en parte, no rochedo.
  • La porte d'Auguste (Porta de Augusto), tamén dita Porta de Arles é unha das antigas portas romanas da cidade, sobre a Via Domitia (ver Vís romanas).
  • Catedral de Notre-Dame-et-Saint-Castor, sobre un edificio romano flanqueado dunha maciza torre, foi enteiramente restaurada no século XIX. A destacar a capela do Rosario (chapelle du Rosaire), fermoso exemplar do Barroco do século XVII. O tímpano da fachada é unha obra mestra da escultura románica.
  • Museo de Belas Artes (Musée des Beaux-Arts), construído en 1907 e readaptado en 1986-87. Acolle numerosas pinturas flamengas e holandesas, obras italianas dos séculos XVI e XVII, ademais dunha extensa colección de pinturas francesas dos séculos XVIII e XIX.
  1. Schrijver, Peter (1995). Studies in British Celtic Historical Phonology (en inglés). Rodopi. ISBN 978-90-5183-820-6. 
  2. Vanitatis, Colaboradores (2018-11-05). "¿Cuál es el origen del tejido 'denim' y por qué ha tenido tanto éxito?". vanitatis.elconfidencial.com (en castelán). Consultado o 2022-05-14. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]