Saltar ao contido

Naiara Moreno Aznar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaNaiara Moreno Aznar

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento29 de abril de 1997 Editar o valor en Wikidata (27 anos)
Zaragoza, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante Editar o valor en Wikidata
Membro de
Selo discográficoUniversal Music Spain Editar o valor en Wikidata
Participou en
2023Operación Triunfo 2023 Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm15506243 Instagram: naiara.ot2023 Musicbrainz: 4d253a4a-43ce-4de9-a365-f087b6f3ee3c Editar o valor en Wikidata

Naiara Moreno Aznar, nada en Zaragoza o 29 de abril de 1997, coñecida simplemente como Naiara, é unha cantante española. Foi gañadora de Operación Triunfo 2023.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu en Zaragoza o 29 de abril de 1997. É a máis vella de 6 irmáns. Naiara foi cantante da orquestra aragonesa Nueva Alaska, até o seu paso por Operación Triunfo 2023.[2]

Carreira artística

[editar | editar a fonte]

Naiara participou en "Cántame una canción", concurso que se emitiu en 2010. A súa carreira profesional na música comezou como cantante da orquestra Nueva Alaska, actúa por diferentes municipios e cidades de España, especialmente en Aragón.

O 6 de xullo de 2023, Naiara presentouse ao casting de Operación Triunfo en Zaragoza. A cantante foi seleccionada, conseguindo pasar as diferentes fases até chegar ao casting final (que tivo lugar a principios de outubro de 2023 en Barcelona) e á Gala 0, onde actuou por primeira vez en Operación Triunfo o 20 de novembro de 2023, coa canción «Me muero» de La Quinta Estación. No seu paso polo programa, logrou ser e favorita do público de Operación Triunfo en tres ocasións, e logrou un éxito especial en Zaragoza, xunto a Juanjo Bona, cantando xotas durante o seu paso, e dando visibilidade a Aragón.[3][4]

O 5 de febreiro de 2024, Naiara converteuse en finalista de Operación Triunfo grazas á puntuación outorgada polos membros do xurado, e o 19 de febreiro foi proclamada gañadora facéndose cos 100.000€ do premio coa canción «Sobreviviré» de Mónica Naranjo e un 49% dos votos, o máximo na historia de Operación Triunfo.[5]

Naiara lanzou o seu sinxelo "ENLOKIÁ" de forma exclusiva en Amazon Music e estivo dispoñible en todas plataformas desde o venres 19 de abril de 2024, xunto co videoclip. Trátase dun tema urbano con tinguiduras electrónicas.[6]

Discografía

[editar | editar a fonte]
  • Laéne, 2023 (EP)
  • Operación Triunfo (2023 / 2024)
    • Gala 0 - Me muero
    • Gala 1 - Para No Verte Más (ft. Alvaro Mayo)
    • Gala 2 - Se Fue (ft. Salma, Omar Samba)
    • Gala 3 - Tómame o Déjame
    • Gala 4 - Salvaje (ft. Ruslana)
    • Gala 5 - Corazón Hambriento (ft. Lucas Curotto)
    • Gala 6 - El Frasante (ft. CrisB)
    • Gala 7 - Sweet But Psycho (ft. Bea Fernández)
    • Gala 8 - La Gata Bajo La Lluvia
    • Gala 9 - La Cigarra (ft Juanjo Bona)
    • Gala 10 - Despechá
    • Gala 11 - Let's Get Loud
    • Gala 12 - Sobreviviré
  • Enlokiá, 2024 (sencillo)

Televisión

[editar | editar a fonte]
Ano Título Canle Notas
2010 Cántame una canción Telecinco Concursante
2023 – 2024 Operación Triunfo 2023 Prime Vídeo Concursante (Gañadora)
2024 La resistencia Movistar Plus+ Invitada
Martínez y hermanos Cuatro

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]