Nakajima G8N
Aparencia
Nakajima G8N Renzan | |
---|---|
G8N Renzan | |
Tipo | bombardeiro pesado |
Fabricante | Nakajima |
Retirado | agosto de 1945 |
Principais usuarios | Servizo Aéreo da Armada Imperial Xaponesa |
Unidades construídas | 4 |
O Nakajima G8N Renzan (cadea montañosa) foi un bombardeiro pesado xaponés da segunda guerra mundial. Foi dos poucos bombardeiro catrimotores desenvolvidos no Xapón e tivo a súa orixe nun requirimento de 1943 para ser substituto do G4M con maior carga de bombas, mellores prestacións e máis armamento defensivo. Voou por primeira vez en outubro de 1944, pero cancelouse o programa a mediados de 1945 despois de construírse só catro prototipos. Os aliados alcumárono "Rita".