Saltar ao contido

Nanoóptica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A nanoóptica é o campo emerxente da óptica dedicado ao estudo dos fenómenos ópticos que ocorren a escala nanométrica. Está a experimentar un importante pulo -encadrado coa efervescencia xeral no eido da nanociencia e a nanotecnoloxía- desde fins da década de oitenta e sobre todo na actualidade.