Narva
Localización | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||||||
País | Estonia | ||||||||||||||||||||||
Condados | Condado de Ida-Viru | ||||||||||||||||||||||
City (en) | Narva City (en) | ||||||||||||||||||||||
Capital de | |||||||||||||||||||||||
Poboación | |||||||||||||||||||||||
Poboación | 53.360 (2024) (776,6 hab./km²) | ||||||||||||||||||||||
Lingua oficial | lingua estoniana | ||||||||||||||||||||||
Xeografía | |||||||||||||||||||||||
Superficie | 68,71 km² | ||||||||||||||||||||||
Altitude | 25 m | ||||||||||||||||||||||
Datos históricos | |||||||||||||||||||||||
Creación | 1345 | ||||||||||||||||||||||
Evento clave
| |||||||||||||||||||||||
Organización política | |||||||||||||||||||||||
• Xefe do goberno | Katri Raik (2021–) | ||||||||||||||||||||||
Identificador descritivo | |||||||||||||||||||||||
Código postal | 20001–21020 | ||||||||||||||||||||||
Fuso horario | |||||||||||||||||||||||
Prefixo telefónico | 35 | ||||||||||||||||||||||
Outro | |||||||||||||||||||||||
Irmandado con | Ivangorod (pt) Gorna Oryahovitsa (en) Elbląg Kirovsky District, Saint Petersburg (en) Bălţi (pt) Kobuleti (en) Chornomorsk (pt) Olaine (en) Tinglev Parish (en) Karlskoga (municipio) Donetsk Pärnu Lahti Petrozavodsk (pt) (2011–) | ||||||||||||||||||||||
Páxina web | narva.ee |
Narva (en alemán Narwa) e unha cidade de Estonia situada na fronteira norte con Rusia. O río Narva flúe dende o lago Peipus, directo á cidade. O 1 de xaneiro do 2004 a cidade tiña unha poboación de 67 355 habitantes nunha área de 84,54 km², cunha densidade de poboación de 796,7 hab./km².
O 93,85 % da poboación de Narva está formada por rusos, a maior parte inmigrantes da antiga Unión Soviética.
Historia
[editar | editar a fonte]Fundado durante o reinado dinamarqués na Estonia setentrional no século XIII, o castelo e a cidade de Narva convertéronse en posesión da orde de Livonia despois de 1347. Capturado brevemente polo exército ruso en 1555, Narva cambiou de mans algunhas veces, e despois de 1581 foi controlada por Suecia. A cidade foi reconquistada por Rusia en 1704 e permaneceu no Imperio ruso ata a independencia estoniana en 1918.
Ó longo do río Narva atópase un forte ruso, o forte de Ivangorod, fundado polo Gran Duque Ivan III de Moscovia en 1492 e chamados ás veces Conde de Narva. Durante os tempos Soviéticos Narva e Ivangorod estaban irmandadas, a pesar de pertencer a diversas repúblicas. Antes da segunda guerra mundial, Ivangorod (en estoniano coñecido como Jaanilinn) era parte de Narva.
Poboación
[editar | editar a fonte]Segundo o censo de 2001, o 93,85% dos habitantes de Narva eran rusófonos (86,41% rusos), principalmente inmigrantes rusos da era soviética e os seus descendentes. Durante a segunda guerra mundial a cidade de Narva foi destruída case na súa totalidade. Trala guerra, as autoridades soviéticas prohibiron a volta dos habitantes da preguerra (estonianos na súa maioría, formando o 64,8% da poboación segundo o censo de 1934), alterando radicalmente a composición étnica da vila.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Toivo U. Raun, Estonia and the Estonians, Hoover Institution Press, Stanford University, 2001, ISBN 0817928529, p131
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Narva |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Narva – Sitio web
- Narva In Your Pocket Guía da Cidade
- Mapa de alta resolución de Narva, vía Google Maps.