Neko Majin
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2016.) |
Neko Majin | |
---|---|
ネコマジン (Neko Majin) | |
Manga | |
Creado por | Akira Toriyama |
Editor | Shūeisha |
Publicado en | Shōnen Jump Semanal, Shōnen Jump Mensual |
Primeira edición | Abril de 1999 |
Última edición | Febreiro de 2005 |
Núm. de volumes | 1 (8 capítulos) |
Neko Majin (do katakana: ネコマジン e este, á súa vez, do kanji: 猫魔人, "gato do mal" ou "home gato do mal") é unha curta serie de manga composta por historias independentes de Akira Toriyama, que alcanzaron un total de oito textos, todos eles publicados entre 1999 e 2005. É máis famoso pola súa parte final, Neko Majin Z, que é unha autoparodia, de Dragon Ball, o traballo máis famoso do seu autor.
Introdución
[editar | editar a fonte]Orixinalmente tratábase dunha historia de manga dun só capítulo, que non tería relación cos outros traballos de Akira Toriyama. O primeiro capítulo de Neko Majin apareceu na revista semanal Shōnen Jump en abril de 1999 (WJ #22-23). Máis tarde acabouse convertendo nunha autoparodia do manga de Dragon Ball, incluíndo aparicións de personaxes desta, a obra mestra do autor. Para o ano 2005, a serie xa constaba de oito capítulos, dos cales cinco son parodias de Dragon Ball. Estes capítulos foron recompilados nun paquete estilo "kanzenban" para a súa publicación no Xapón, o 4 de abril do 2005.
Publicacións
[editar | editar a fonte]Serie orixinal
[editar | editar a fonte]Tódolos capítulos de Neko Majin foron publicados orixinalmente na revista semanal/mensual Shōnen Jump no Xapón.
- Neko Majin ga Iru (ネコマジンがいる "Neko Majin está aquí"): abril de 1999 (Shōnen Jump semanal, 1999 #22-23)
- Neko Majin ga Iru 2 (ネコマジンがいる2 "Neko Majin está aquí 2"): agosto de 1999 (Shōnen Jump semanal, 1999 #37-38)
- Neko Majin Mike (ネコマジンみけ): agosto de 2003 (Shōnen Jump semanal, 2003 #37-38)
- Neko Majin Z (ネコマジンZ): xuño do 2001 (Shōnen Jump mensual, 2001 #6)
- Neko Majin Z 2: agosto do 2003 (Shōnen Jump mensual, 2003 #9)
- Neko Majin Z 3: febreiro do 2004 (Shōnen Jump mensual, 2004 #3)
- Neko Majin Z 4: xaneiro do 2005 (Shōnen Jump mensual, 2005 #1)
- Neko Majin Z 5: febreiro do 2005 (Shōnen Jump mensual, 2005 #2)
Recompilacións
[editar | editar a fonte]Os oito capítulos están recompilados nun só volume, publicado por Jump Comics de Shueisha.
- Neko Majin Kanzenban ("Edición completa"): 4 de abril do 2005 (ISBN 4-08-873825-X)
Información xeral
[editar | editar a fonte]A serie desenvolveuse en torno ás aventuras de varios personaxes da raza "Neko Majin", un grupo de gatos que teñen o don de usar un chisco de maxia, pero que tamén parecen gozar das bromas pesadas e, aínda máis, das artes marciais. A serie converteuse en Neko Majin Z, centrándose en "Z", unha versión felina completa de Son Goku de Dragon Ball cos seus adornos familiares, coma o bastón máxico, nyoi-bo, e ataques co estilo típico de Dragon Ball Z, coma o "Neko-Hameha", parodia do "Kame-Hameha". Outros motivos familiares aparecen mentres transcorre a serie, incluíndo o fillo de Freezer: Kuriza, un Súper Saiyan gordo chamado Onio, e ata aparicións de personaxes reais de Dragon Ball, coma Vexeta, Majin Bu, e o propio Son Goku. Malia as referencias á famosa Dragon Ball, a serie en si non é unha continuación súa e as numerosas referencias non están pensadas para se integrar coa súa ficción. Por mor de que a conexión entrámbalas dúas historias é moi evidente, engadíronse moitas referencias a Neko Majin Z coma ovos de pascua para a versión xaponesa do videoxogo Dragon Ball Z: Budokai 2, particularmente na forma de Kuriza, como unha aparencia alternativa de Freezer.
Algúns críticos consideran que a existencia de Neko Majin, o seu paso dun capítulo illado a todo un tomo de manga e, especificamente, as autoparodias que realiza Toriyama nestas historias, son o final da vida creativa do seu autor e un signo seguro da súa decadencia como debuxante de manga.
Personaxes notábeis
[editar | editar a fonte]- Nekomajin Z
- «Nekomajin» literalmente significa «Gato Xenio» en xaponés. Nekomajin Z é descrito coma o Nekomajin máis forte da existencia. Coma outros personaxes de Dragonball Z, pode voar e usa-lo «Nekohameha» (similar ó Kamehameha, agás que é para gatos). No último capítulo da serie revélase que é un discípulo de Son Goku. Non se sabe moi ben como vive, aínda que tenta enganar turistas facéndolles crer que é un oso Koala, cobrando 8 dólares por unha imaxe. Nekomajin dalgún xeito ten a capacidade de se converter nun Súper Saiyan (Súper Nekomajin).
- Onio
- Un personaxe cómico que se burla da imaxe anterior dos Saiyans xa que non son apostos nin cools coma el. Onio aterra na Terra para te-la súa lúa de mel e decide mata-la raza humana para face-la súa casa. É bastante cuspido ó Suppaman dun dos mangas anteriores de Toriyama, o Dr. Slump. Onio anóxase, converténdose nun Súper Saiyan, cando Nekomajin Z toca o peito da súa esposa, pero perde rapidamente nunha escena de loita.
- O fillo do vilán de Dragon Ball Z, Freezer, Kuriza é a réplica exacta do seu pai agás a cabeza que ten forma de castaña. Kuriza é chamado por Onio para destruír a Nekomajin Z, pero, pola contra, remata xogando un partido de fútbol con el. Comenta frecuentemente que Nekomajin gasta páxinas con mensaxes e escenas de batalla sen sentido.
- O popular personaxe do manga Dragon Ball e o anime Dragon Ball Z é chamado dende a Terra por Kuriza e Onio, que precisan axuda para derrotar a Nekomajin Z. Vexeta descobre que Nekomajin Z é abraiantemente forte, e finxe recibir unha chamada do seu planeta natal para evitar unha embarazosa derrota, comentando que non pensa aparecer noutro manga nunca máis.
- Buu fai unha curta aparición para axudar cando Nekomajin Z non pode facer nada contra Usamajin (a versión menos coñecida do coello Nekomajin). O deseño e as habilidades de Nekomajin son obviamente unha copia de Majin Buu.
- O protagonista de Dragonball fai a súa aparición no último capítulo de Nekomajin, onde loita e derrota a Nekomajin Z (enganándoo).
Neko Majin noutros idiomas
[editar | editar a fonte]En xuño de 2006, a editorial española Planeta DeAgostini editou en castelán os oito capítulos de Neko Majin nun tomo único, idéntico ó da edición xaponesa.
En agosto de 2006, a editorial brasileira Conrad editou en portugués o único volume.
En febreiro de 2007, a editorial italiana Star Comix editou a edición completa (Kanzenban) cos 8 capítulos, usando unha encadernación verde no canto do amarelo orixinal.
Por outra banda, este manga non foi oficialmente licenciado en inglés nin traducido. Porén, houbo grupos de fans que o traduciron ó inglés, achegando un chisco máis esta historia ó público.