Saltar ao contido

Nijō

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaNijō
Nome orixinal(ja) 後深草院二条 Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1258 Editar o valor en Wikidata
Xapón Editar o valor en Wikidata
Morte1306 Editar o valor en Wikidata (47/48 anos)
Xapón Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeXapón Editar o valor en Wikidata
RelixiónBudismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua xaponesa Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeImperador Go-Fukakusa
ParellaSaionji Sanekane (pt) Traducir
Hōjo (en) Traducir
Shōjo-hosshinnō (en) Traducir
Imperador Kameyama (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
PaisMinamoto no Masatada (en) Traducir Editar o valor en Wikidata  e Q106637204 Traducir Editar o valor en Wikidata

Nijō (xaponés: 後深草院二条, Go-Fukakusain no Nijō), nada en 1258 e finada despois de 1307, foi unha nobre, poeta e escritora nipoa do período Kamakura. Foi unha das concubinas do emperador Go-Fukakusa entre 1271 e 1283, despois do cal se converteu en monxa budista.[1] Tras numerosas viaxes polo Xapón, entre 1304 e 1307 escribiu un libro autobiográfico: Towazugatari ("Un relato que ninguén pediu"). Esta obra, pola que é recoñecida na actualidade, constitúe tamén a fonte principal sobre a súa vida.[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Nijō naceu no seo da familia Koga, unha póla do clan Minamoto que descendía do emperador Murakami a través da liña do príncipe Tomohira, o seu sétimo fillo.[3] O pai e mais o avó paterno asumiran postos de relevancia na corte imperial, e moitos dos seus familiares e devanceiros tiñan unha gran reputación polo seu talento literario. Descoñécese o seu nome de nacemento. Nijō, o seu apelativo na corte, significa "Segunda Avenida" (era habitual nomear ás damas da corte por rúas), o que indica un alto rango, xa que a devandita avenida estaba situada preto do fogar imperial.[4]

Segundo o Towazugatari, o emperador Go-Fukakusa estaba namorado da nai de Nijō, Sukedai. Porén, esta morreu pouco despois de dar a luz, polo que Go-Fukakusa dirixiu a súa atención cara Nijō. En consecuencia, esta entrou na corte con apenas catro anos, e foi criada alí. En 1271, con só catorce anos, Nijō converteuse en concubina do gobernante.[5] Non existe consenso sobre a súa condición exacta, xa que segundo a información do Towazugatari podería ser tanto unha esposa formal (seisai) como unha concubina (meshudo).[6]

A vida de Nijō na corte foi tortuosa. O seu pai faleceu un ano despois de ela casar, o que dificultou as súas relacións na capital.[7] Ademais, foi violada por varios homes, entre os que se estaba Takatsukasa Kanehira.[1] Por outra banda, a súa relación co emperador foise deteriorando co tempo, xa que este tiña multitude de amantes. Esta situación empeorou pola falta de descendencia: o único fillo da parella finou na infancia, e os outros tres nenos de Nijō eran doutros varóns. Para rematar, a consorte de Go-Fukakusa, Higashi-nijō, descontenta coa preferencia do seu esposo pola poeta, solicitou a súa expulsión da corte, que se cumpriu en 1283.[8]

Conversión ao budismo

[editar | editar a fonte]

Tras abandonar a corte, Nijō converteuse nunha monxa budista, como era habitual para as mulleres nobres caídas en desgraza. Deste xeito, viaxou a moitos lugares sagrados ou históricos do Xapón, seguindo as pegadas do célebre poeta e monxe Saigyō. Emporiso, regresaba periodicamente á capital. Porén, segundo Kimura Saeko, algunhas destas viaxes, narradas nos libros IV e V do seu Towazugatari, non serían máis ca invencións da autora.[6] O devandito libro IV comeza o seu relato en 1289, para despois saltar varios anos, o que podería indicar a perda dalgunhas seccións do texto; pola súa banda, o libro V, que inclúe o pasamento do emperador Go-Fukakusa en 1304, conta tamén con omisións temporais. Finalmente, o Towazugatari remata no ano 1306, polo que se descoñece o destino de Nijō con posterioridade a esa data.

Towazugatari

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Towazugatari.

O Towazugatari foi escrito cara a 1307, e recolle sucesos acaecidos entre 1271 e 1306. A obra está considerada unha das máis importantes da literatura xaponesa.[9] Ademais, destaca por rexistrar actos que non adoitan aparecer nos libros nipóns antigos, como a violencia sexual.[1]

Non obstante, o texto non gozou de gran difusión durante a súa época, quizais pola división en faccións da familia imperial ou pola súa representación da figura do emperador Go-Fukakusa, demasiado íntima e humana.[9] Na actualidade, redescubriuse grazas a unha copia do século XVII atopada en 1940 no palacio imperial por Yamagishi Tokuhei.[10] Esta versión carece de varias seccións do libro V, segundo nota do escriba. Foi publicada en 1950, seguida dunha edición anotada en 1966.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]