Saltar ao contido

Novela rosa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A novela rosa, máis coñecida coloquialmente como novela romántica, aínda que resulta útil o termo «rosa» para distinguila da novela romántica pertencente ao período histórico-cultural do Romanticismo, trátase dun xénero literario narrativo occidental.

O bico, por Francesco Hayez.

Descrición

[editar | editar a fonte]

A asociación Romance Writers of America (Escritores Románticos de América)[1] define as dúas principais normas das novelas para seren consideradas deste xénero:

1.ª A historia debe centrarse na relación e o amor romántico que xorde entre dous seres humanos. A asociación estadounidense antes mencionada considera que non debe centrarse só no amor romántico heterosexual, senón que, segundo definen, a trama principal refírese a dúas persoas que se namoran e esfórzanse en que a súa relación funcione. O conflito no libro céntrase na historia de amor. O clímax no libro resolve a historia de amor. Poden existir outras subtramas, pero a historia de amor debe seguir sendo o tema principal.

2.ª O final da historia debe ser positivo, deixando ao lector que crea que o amor entre os protagonistas e a súa relación perdurará polo resto das súas vidas. Segundo a RWA, debe haber un "final emocionalmente satisfactorio e optimista". As novelas rosas finalizan de tal maneira que o lector se sente ben. Baséanse na idea dunha xustiza emocional innata, a noción maniquea de que a xente boa acaba sendo recompensada e a malvada é castigada. Nunha novela rosa, os amantes que se arriscan a loitar polo seu amor e a súa relación acaban sendo recompensados con xustiza emocional e amor incondicional.

  1. "Romance Writers of America". Arquivado dende o orixinal o 1 de outubro de 2017. Consultado o 18 de maio de 2015. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]