O conto da criada
O conto da criada | |
---|---|
Título orixinal | The Handmaid's Tale |
Autor/a | Margaret Atwood |
Cuberta | Tad Aronowicz (orixinal)[1] Carlos Valdés (versión en galego) |
Orixe | Canadá |
Lingua | Inglés |
Xénero(s) | Novela |
Editorial | McClelland and Stewart Irmás Cartoné |
Data de pub. | 1985 2019 |
Formato | Tapas duras |
Páxinas | 311 |
ISBN | ISBN 0-7710-0813-9 (en) ISBN 978-84-948421-3-9 (gl) |
Premios |
|
Tradución | Celia Recarey e Carlos Valdés García |
[ editar datos en Wikidata ] |
O conto da criada (en inglés: The Handmaid's Tale) é unha novela distópica[2] da autora canadense Margaret Atwood,[3][4] publicada orixinalmente en 1985. Está ambientado nun futuro achegado, en Nova Inglaterra, nun estado relixioso totalitario que derrocou o goberno dos Estados Unidos.[5] A novela céntrase na historia da criada Offred. O seu nome provén da forma do posesivo en inglés "of Fred"; as criadas teñen prohibido usar os seus nomes de nacemento e deben obedencia ó seu home, ou mestre, ó cal serven.
The Handmaid's Tale explora os temas da muller suxugada na sociedade patriarcal e nas diferentes maneiras nas que esas mulleres tentan gañar individualismo e independencia persoal. O título da novela componse de partes de Os contos de Canterbury de Geoffrey Chaucer, que é unha serie de historias conectadas ("The Merchant's Tale", "The Parson's Tale", etc.).[6]
Sinopse
[editar | editar a fonte]Logo dun golpe militar que acabou co presidente e que foi atribuído ó terrorismo islámico, uns políticos teócratas chegan ó poder dos Estados Unidos, que pasan a denominarse república de Galaad. Coa excusa da defensa contra a violencia, aumentan o autoritarismo e diminúen as liberdades e os dereitos sociais, comezando por suprimir a liberdade de prensa e os dereitos das mulleres. As mulleres divídense en castas e promóvese o medo e a sospeita entre elas. A "criada" é unha muller que se considera única e exclusivamente un obxecto cuxo único valor está nos seus ovarios, sendo un receptáculo preciso para acadar o nivel de novos nacementos desexado en Gilead para manter o seu modelo de sociedade.
Nesta sociedade, Defred é unha muller que perde os seus cartos, o seu emprego e mesmo o seu nome, que pasa a ser o do seu dono, ó ser asignada como un tipo de escrava denominada "criada" dun home, o "comandante". Dende entón estalle prohibido ter propiedades, autonomía económica ou independencia social, saír da casa onde vive (se non é para facer compras para a casa), falar, ler ou ter algún tipo de comunicación que non sexa cos seus propietarios, ningún tipo de actividade intelectual nin de liberdade sobre a súa imaxe e aparencia física e mesmo sobre o seu corpo, incluíndo a súa alimentación e as súas relacións sexuais, xa que non pode telas con ninguén agás co seu dono, que a pode violar unha vez ó mes, durante a Cerimonia, supostamente co obxectivo de procrear.
Adaptacións
[editar | editar a fonte]A novela foi adaptada nunha popular serie de televisión, The Handmaid's Tale (2017-actualidade), protagonizada por Elisabeth Moss.[7]
Traducións
[editar | editar a fonte]- O conto da criada (2019). Tradución directa ao galego de Celia Recarey e Carlos Valdés García. Irmás Cartoné.[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Cosstick, Ruth (xaneiro de 1986). "Book review: The Handmaids Tale" 14 (1). CM Archive. Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2016. Consultado o 26 de xuño de 2016.
- ↑ "The Handmaid's Tale Study Guide: About Speculative Fiction". Gradesaver. 22 de maio de 2009.
- ↑ Atwood, Margaret (17 de xuño de 2005). "Aliens have taken the place of angels". The Guardian (Reino Unido).
- ↑ Langford 2003.
- ↑ Douthat, Ross (24 de maio de 2017). The New York Times, ed. "'The Handmaid's Tale and Ours'" (en inglés).
- ↑ Atwood, Margaret (10 de marzo de 2017). The New York Times, ed. "Margaret Atwood on What 'The Handmaid's Tale' Means in the Age of Trump". Consultado o 11 de marzo de 2017.
- ↑ "The Handmaid's Tale". 2017-04-26. Consultado o 2024-02-27.
- ↑ Irmás Cartoné (ed.). "O conto da criada por Irmás Cartoné". Arquivado dende o orixinal o 11 de abril de 2019. Consultado o 11 de abril de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Langford, David (Aug 2003), "Bits and Pieces", SFX (UK: Ansible) (107).