O home de vime
O home de vime | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Wicker Man |
Director | Robin Hardy |
Produtor | Peter Snell |
Guión | Anthony Shaffer |
Intérpretes | Edward Woodward Britt Ekland Diane Cilento Ingrid Pitt Christopher Lee |
Música | Paul Giovanni |
Fotografía | Harry Waxman |
Montaxe | Eric Boyd-Perkins |
Estudio | British Lion Films |
Distribuidora | British Lion Films |
Estrea | 6 de decembro de 1973[1] |
Duración | 88 minutos[2] |
Orixe | Reino Unido |
Xénero | Terror |
Orzamento | 500 000 libras[3] |
Recadación | 76 701 dólares[4] |
Na rede | |
O home de vime (en inglés: The Wicker Man) é un filme británico de 1973 dirixido por Robin Hardy. Está protagonizado por Edward Woodward, Britt Ekland, Diane Cilento, Ingrid Pitt e Christopher Lee. O guión foi escrito por Anthony Shaffer, inspirado na novela de David Pinner, Ritual. Céntrase na visita do sarxento de policía Neil Howie á illa de Summerisle na procura dunha rapaza desaparecida. Howie, un cristián devoto, espántase ao descubrir que os habitantes da illa abandonaron o cristianismo e agora practican unha forma de paganismo celta. Paul Giovanni compuxo a banda sonora.[5][6]
Estreouse subtitulado en galego o 29 de abril de 2015, no Cineclube de Compostela.[7]
Sinopse
[editar | editar a fonte]Un policía recibe unha carta anónima sobre a desaparición dunha moza e vai até a remota illa escocesa de Summerisle para investigar o caso. Cando chega, descobre costumes totalmente diferentes das súas crenzas cristiás, xa que os habitantes da illa seguen tradicións pagás. Disposto a resolver o enigma da desaparición e sospeitando o peor, vese involucrado en intrigas arredor dos ritos da festa de Beltane.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Edward Woodward como Sarxento Neil Howie
- Christopher Lee como Lord Summerisle
- Britt Ekland como Willow MacGregor
- Annie Ross como Willow MacGregor (voz)
- Rachel Verney como Willow MacGregor (voz cantante)
- Lesley Mackie como Daisy
- Diane Cilento como Miss Rose
- Ingrid Pitt como Librarian
- Lindsay Kemp como Alder MacGregor (o terratenente)
- Russell Waters como Harbour Master
- Aubrey Morris como Old Gardener/Gravedigger
- Irene Sunter como May Morrison
- Jennifer Martin como Myrtle Morrison
- Donald Eccles como T.H. Lennox
- Walter Carr como mestre da escola
- Roy Boyd cini Broome
- Peter Brewis como músico
- Geraldine Cowper como Rowan Morrison
- John Young como Fishmonger
- Myra Forsyth como Mrs Grimmond
- Alison Hughes como prometida do Sarxento Howie
- Barbara Rafferty como muller cun bebé
- John Sharp como doutor Ewan (versión estendida)
- John Hallam como McTaggart (versión estendida)
- Tony Roper como carteiro (versión estendida)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "The Wicker Man". Art & Hue presents The Wicker Man.
- ↑ "The Wicker Man 1973 (XV)". British Lion Films. British Board of Film Classification. 22 de xuño de 2007. Consultado o 15 de xuño de 2016.
- ↑ Murray, Andy; Rolston, Lorraine (2008). Studying The Wicker Man. Studying Films Series. Columbia University Press. p. 13. ISBN 978-1-903-66310-3.
Although the company agreed to take the film on, the producers were under instruction to keep to a tight budget of the film under £500,000, small even by early 1970s standards.
- ↑ "The Wicker Man". The Numbers. Nash Information Services, LLC. Arquivado dende o orixinal o 25 de xullo de 2020. Consultado o 19 de agosto de 2021.
- ↑ "The Wicker Man (1973)".
- ↑ "The Wicker Man 1973". Turner Classic Movies. Atlanta: Turner Broadcasting System (Time Warner). Consultado o 11 de xullo de 2016.
- ↑ cineclubedecompostela.wordpress.com (ed.). "O home de vime na TVG". Consultado o 19 de agosto de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Brown, Allan (2000). Inside the Wicker Man: The Morbid Ingenuities. Sidgwick & Jackson. ISBN 978-0-283-06355-8.
- Catterall, Ali; Simon Wells (2002). Your Face Here: British Cult Movies Since the Sixties. Fourth Estate. ISBN 978-0-00-714554-6.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- O home de vime na IMDb (en inglés).
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)
- Ficha en AllMovie (en inglés)