Olga Fedorovna de Baden
Aparencia
Olga Feodorovna de Baden, nada en Karlsruhe o 20 de setembro de 1839 e finada en Khárkiv (Ucraína) o 12 de abril de 1891, foi unha nobre rusa, Gran duquesa de Baden.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nada co nome de Icía Augusta de Baden, filla do gran duque Leopoldo I de Baden e de Sofía de Suecia. Casou o 28 de agosto de 1857 con Miguel Nicolaievich de Rusia, fillo do emperador Nicolao I de Rusia e tomou o nome de Olga Feodorovna ao se converter á fe ortodoxa. Tiveron sete fillos:
- Gran duque Nicolao Mikhailovich de Rusia (1859-1919)
- Gran duquesa Anastasia Mikhailovna de Rusia (1860-1922)
- Gran duque Miguel Mikhailovich de Rusia (1861-1929)
- Gran duque Xurxo Mikhailovich de Rusia (1863-1919)
- Gran duque Alexandre Mikhailovich de Rusia (1866-1933)
- Gran duque Sergei Mikhailovich de Rusia (1869-1918)
- Gran duque Alexei Mikhailovich de Rusia (1875 - 1895)
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |