Saltar ao contido

Organización Sionista Mundial

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Organización Sionista Mundial (en hebreo: ההסתדרות הציונית העולמית) foi creada o 3 de setembro de 1897 durante o primeiro Congreso Sionista Mundial que tivo lugar en Basilea (Suíza). Esta organización, que se denominou inicialmente Organización Sionista, serviu como paraugas organizativo para o movemento sionista. En 1960 a organización adoptou o nome de «Organización Sionista Mundial». A sede da organización atópase en Xerusalén.

Theodor Herzl, pai do sionismo e organizador daquel congreso de Basilea, escribiu máis tarde: "En Basilea eu fundei o Estado xudeu... quizais en cinco anos, ou quizais en cincuenta, todo o mundo o verá". Cando cincuenta e un anos despois, o 14 de maio de 1948, declarouse o Estado de Israel, unha gran parte das novas institucións administrativas estaban xa postas en marcha, grazas aos congresos que tiveran lugar de forma regular nas décadas anteriores.

Presidentes da Organización Sionista Mundial

[editar | editar a fonte]

Presidentes do Executivo da Organización Sionista Mundial ( e da Axencia Xudía)

[editar | editar a fonte]