Orquídea das barbas
Orquídea das barbas | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
'Himantoglossum hircinum' (L.) Spreng. (1826) |
A Orquídea das barbas, Himantoglossum hircinum,[1] é unha orquídea do xénero Himantoglossum.
Descrición
[editar | editar a fonte]É unha herbácea perenne tuberosa. O talo, que pode alcanzar algo máis de 1 m de altura, é cilíndrico, de cor verde pálida e ás veces veteado de púrpura. Follas, tamén pálidas ou máis escuras, oblongo elípticas a lanceoladas e moi nervadas. As inferiores (basais), despréganse erectas ou estendidas, mentres as superiores, máis pequenas, abrazan o talo. A inflorescencia é unha espiga tamén cilíndrica de menos de 50 cm de alto cuberta de pequenas brácteas verdosas ou brancas veteadas de rosa. As flores esbrancuxadas a verdosas están manchadas de morado tanto exterior como interiormente. O perianto, contén sépalos e pétalos reunidos en casco, algo máis aberto no ápice. Un longo labelo de forma acintada e retorta colga cara abaixo ou, en espigas pequenas, esténdese horizontalmente. O froito é unha cápsula alargada con numerosas sementes diminutas. Unha soa planta pode producir até 30.000 sementes ao ano. Tamén se reproduce por división de tuberos ou pola formación de novos, o que leva a formar densas agrupacións ao redor da planta nai.
Florece entre os meses de xuño a xullo. O característico aroma das flores, que segundo algúns lembra ao "cheiro a cabras", podería ser unha especialización para atraer ós seus polinizadores; moscas e insectos nocturnos. Na correspondencia epistolar entre dous investigadores, a principios do século , quedou rexistrada a observación da avespa Odyneris parietum polinizando flores en Sussex. Tamén se observou a diferentes especies de abellas (Megachile maritima e Colletes cunicularis), bolboretas, libélulas e escaravellos.[2]
Distribución e hábitat
[editar | editar a fonte]Distribúese por Europa meridional, desde o oeste de España, até o leste dos Balcáns e Hungría e África do norte occidental. Medra en prados, áreas rochosas, e bosques abertos, con preferencia de substratos calcáreos.[2]
- Orchis hircina (L.) Crantz 1769
- Loroglossum hircinum (L.) Rich. 1817
- Aceras hircinum (L.) Lindl. 1835
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Guía das orquídeas de Galicia. Carlos Cortizo Amaro e Elvira Sahuquillo Balbuena. 2006, Baía Edicións
- ↑ 2,0 2,1 P.D. C arey y L. Farrel (2002). "BIOLOGICAL FLORA OF THE BRITISH ISLES - Himantoglossum hircinum ( L.) Sprengel" (221): 206 – 218. Consultado o 18 de abril de 2020.