PROCYON
Aparencia
PROCYON / Proximate Object Close flyby with Optical Navigation | |
---|---|
Tipo | Científico/tecnolóxico |
Organización | JAXA |
Data de lanzamento | 3 de decembro de 2014[1][2][3][4] |
Foguete portador | H-IIA[1][5] |
Sitio de lanzamento | Centro Espacial de Tanegashima[1][6] |
Obxectivo da misión | Sobrevoo dun asteroide, proba de motores iónicos.[1][6] |
NSSDC ID | 2014-076D |
Masa | 65,5 kg[1] |
Dimensións | Caixa de 67 x 55 x 55 cm.[7] |
PROCYON (acrónimo de PRoximate Object Close flYby with Optical Navigation) foi unha sonda espacial da axencia xaponesa JAXA lanzada o 3 de decembro de 2014 mediante un foguete H-IIA desde o Centro Espacial de Tanegashima.[1][6][5][7]
Características
[editar | editar a fonte]PROCYON foi lanzada como carga secundaria xunto á sonda Hayabusa 2 co obxectivo principal de probar unha serie de novas tecnoloxías que permitan usar pequenas sondas en misións interplanetarias e sobrevoar autonomamente o asteroide 2000 DP107. A sonda tiña forma de cubo de 67 x 55 x 55 cm e catro paneis solares de 47 x 47 cm. A propulsión corría a cargo dun motor iónico alimentado con xenón. O motor iónico fallou o 10 de marzo de 2015, impedindo o sobrevoo do asteroide.[1][6][5][7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 NASA (14 de maio de 2020). "PROCYON" (en inglés). Consultado o 2 de xaneiro de 2021.
- ↑ N2YO (2020). Real Time Satellite Tracking, ed. "PROCYON" (en inglés). Consultado o 2 de xaneiro de 2021.
- ↑ Claude Lafleur (2020). "PROCYON" (en inglés). Consultado o 2 de xaneiro de 2021.
- ↑ "Note verbale dated 25 July 2019 from the Permanent Mission of Japan to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (19-12085 (E)). 23 de decembro de 2019: 2. Consultado o 2 de xaneiro de 2021.[Ligazón morta]
- ↑ 5,0 5,1 5,2 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "PROCYON" (en inglés). Consultado o 2 de xaneiro de 2021.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 Mark Wade (2020). "PROCYON" (en inglés). Consultado o 2 de xaneiro de 2021.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 JAXA, ed. (2020). "PROCYON" (en inglés). Consultado o 2 de xaneiro de 2021.