Saltar ao contido

Panadeira de Alxubarrota

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A historia da panadeira de Alxubarrota en azulexos.

Brites de Almeida, a Panadeira de Alxubarrota, foi unha heroína portuguesa que loitou contra o exército castelán na batalla de Alxubarrota (1385). O seu sobrenome vén de que, estando traballando nunha panadaría, descubriu uns soldados casteláns agochados no forno e matounos coa pa de retira-los pans.

Brites de Almeida naceu en Faro en 1350[1] no seo dunha familia da pequena burguesía, donos dunha pequena taberna. A lenda popular afirma que era a antítese da muller ideal: alta, forte, peluda e de costumes varonís.

Aos 26 anos perdeu a seus pais, polo que vendeu as súas pertenzas e aproveitando a súa experiencia comercial botouse aos camiños negociando de feira en feira con mercadorías variadas (teas, viño, gando etc). Desta época da súa vida contáronse moitas aventuras, como a fuxida da escravitude dos piratas alxerianos ou que asasinou o seu prometido.

Ao chegar á madurez deixou a vida errante, casou cun labrego e mercou ou construíu unha panadaría no lugar de Alxubarrota, onde se produciu anos máis tarde a batalla entre os exércitos dos reis Xoán I de Portugal e Xoán I de Castela. Brites estivo a loitar na batalla e cando á noite volveu á casa achou a porta pechada. Entrou armada coa pa de panadeira e atopouse cun número indefinido de soldados casteláns agochados no seu forno, que matou mallando neles.

Os historiadores afirman que este episodio é unha lenda popular e que nunca existiu dita muller; porén o imaxinario popular portugués elevouna á categoría de mito nacional (case que á altura de Viriato) por ser a batalla de Alxubarrota un fito na identidade nacional do país fronte ao veciño que a tentaba conquistar.

  1. Portugal antigo e moderno diccionário geográphico, estatístico, chorographico, heraldico, archeologico, historico, biographico e etymologico de todas as cidades, villas e freguesias de Portugal e grande número de aldeias, Augusto Soares d'Almeida Barbosa de Pinho Leal, (obra concluída por Pedro Augusto Ferreira (Abade de Miragaia), Lisboa, Libraria Editora Mattos Moreira & Companhia, (12 vols.), 1873-1890

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Histórias mal-assombradas de Portugal e Espanha, Adriano Messias, Editora Biruta, 2010.
  • Dicionário Prático Ilustrado Lello, José Lello e Edgar Lello, ed. Lello & Irmãos, 1964, pág. 1389
  • Cancioneiro Portuguez, António Francisco Barata de António Francisco, Imprensa litteraria, 1866 (204 páxinas), páx. 43
  • Heroínas de Guerra: Resenha Sucinta Dalgumas Mulheres que Foram Soldados, João Paulo Freire, J.P. Freire, 1941 (94 páxinas), pág. 26
  • Litteratura, Música e Bellas-artes, José Maria de Andrade Ferreira, Rolland & Semiond, 1872, páx. 101
  • Carta a respeito da heroina de Aljubarrota: Brites de Almeida, que com a pá …, F. M. F., Imprensa Académica, 1880
  • Auto novo, e curioso da forneira de Aljubartora, "Brites de Almeida" em que…, André da Luz, Off. dos herd. de Antonio Pedrozo Galram, 1743

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]