Saltar ao contido

Pancho García

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPancho García
Biografía
Nacemento1 de xullo de 1951 Editar o valor en Wikidata (73 anos)
Ferrol, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista, adestrador de fútbol, adestrador de fútbol sala Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1975 Editar o valor en Wikidata - 1985 Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol
fútbol sala Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
–1972 SRD Esteiro
1972–1975   Racing de Ferrol 111(28)
1975–1985   Deportivo da Coruña 331(48)
1985–1987 Chaston FS
  Adestrador Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1989–1990 Chaston FS Editar o valor en Wikidata

Francisco "Pancho" García Fernández, nado en Ferrol o 1 de xullo de 1951, é un exfutbolista galego. Centrocampista histórico do Deportivo da Coruña, é o noveno futbolista con máis partidos na historia do club (331).

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu no barrio ferrolán de Esteiro o o 1 de xullo de 1951.[1] Soldador de profesión, traballou na Bazán, ao igual que seu pai, ao tempo que xogaba en equipos modestos como o Esteiro ou o Arsenal.[2] En 1972 pasou ao Racing de Ferrol, club no que militou durante tres tempadas, todas na Terceira División. Na campaña 1973/74 chegou a anotar 15 goles, sendo o segundo máximo anotador do equipo por detrás de Alfonso Castro.

En 1975 fichou polo Deportivo da Coruña e xogou no club coruñés durante a seguinte década completa. Titular na maioría de partidos dese período, viviu o primeiro descenso do club á Segunda División B ao remate da tempada 1979/80. Contribuíu ao ascenso do equipo só un ano despois marcando 10 goles na categoría de bronce. Deixou o club e o fútbol ao remate da tempada 1984/85.

No momento da súa retirada era o segundo futbolista con máis partidos oficiais na historia do Deportivo da Coruña (331), só por detrás do histórico gardameta Acuña (393). Na actualidade ocupa a novena praza.[3]

Despois de deixar o Deportivo dedicouse ao fútbol sala e entre 1985 e 1987 xogou no histórico Chaston da Coruña, co que foi subcampión dunha primitiva liga española, así como de dúas edicións da Copa do Rei oficiosa.[4] En 1989 converteuse no adestrador do equipo na histórica tempada inaugural da División de Honra, a nova máxima categoría do país, xa de xeito oficial, conseguindo asegurar a permanencia.[5] Entre 1994 e 2002 adestrou a selección coruñesa sub-16 de fútbol e estivo tamén aos mandos da selección galega sub-16 e do Calasanz.[6][7]

No 2013 formou parte da candidatura de Germán Rodríguez Conchado á presidencia do Deportivo da Coruña.[8]

  1. "Al fin las cosas me salen bien". La Voz de Galicia (en castelán). 26 de xaneiro de 1978. p. 32. 
  2. "García, al Deportivo". La Voz de Galicia (en castelán). 4 de xuño de 1975. p. 45. 
  3. "Listado de jugadores del Deportivo de La Coruña". BDFutbol (en castelán). Consultado o 11 de novembro de 2022. 
  4. I. Martelo, Vicente (11 de outubro de 2024). "Aquel Chaston de fútbol sala". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 11 de outubro de 2024. 
  5. "El ex deportivista «Pancho» García será el nuevo entrenador del Chaston". La Voz de Galicia (en castelán). 11 de xullo de 1989. p. 49. 
  6. "XORNADA HOMENAXE ADESTRADORES GALEGOS DE HONRA – FÚTBOL SALA / A CORUÑA". Real Federación Galega de Fútbol. Consultado o 11 de outubro de 2024. 
  7. "Las selecciones de fútbol sub-14 y sub-16 de Coruña se enfrentarán mañana en el campo de Elviña a las de Ferrol". La Voz de Galicia (en castelán). 25 de xaneiro de 1994. p. 47. 
  8. "Presentada esta tarde la candidatura de Germán Rodríguez Conchado a la presidencia del Deportivo" (en castelán). 17 de outubro de 2013. Consultado o 11 de outubro de 2024.