Saltar ao contido

Pedro Mascarenhas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPedro Mascarenhas

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(pt) Pedro de Mascarenhas Editar o valor en Wikidata
1484 Editar o valor en Wikidata
Mértola, Portugal Editar o valor en Wikidata
Morte23 de xuño de 1555 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata (70/71 anos)
Velha Goa, India (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Vice-rei da India portuguesa (pt) Traducir
23 de setembro de 1554 – 16 de xuño de 1555
← Afonso de NoronhaFrancisco Barreto (pt) Traducir → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónexplorador, diplomático Editar o valor en Wikidata

Pedro de Mascarenhas, nado en Mértola cara a 1484 e finado en Goa (India) o 23 de xuño de 1555, foi un navegante, explorador e administrador colonial portugués. Foi o primeiro europeo que descubriu en 1512 a illa de Diego García no océano Índico e tamén atopou nesa viaxe a illa Mauricio, aínda que é probable que non fose o primeiro explorador portugués en facelo, pois expedicións anteriores como as de Diogo Dias ou Afonso de Albuquerque puideron habela atopado.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Grazas ao impulso dado ás viaxes de exploración pola fundación en 1499 da Casa da Índia (a Compañía das Indias Portuguesas, destinada a controlar o comercio colonial coa India), Mascarenhas, fillo dunha familia rica, reuniu unha frota de barcos coa que emprendeu unha serie de viaxes de exploración e comercio de especias na costa do norte de África e Mozambique.

A finais de 1511, cando estaba nas proximidades do cabo de Boa Esperanza, o levantamento da rexión de Goa (probablemente instigados por Adil Shah, que quería liberar a península India do goberno de Albuquerque e os portugueses), levou a que Mascarenhas tomase a iniciativa de separarse da frota para atopar un xeito máis rápido de chegar á India. Nese momento, o longo camiño á India era o da navegación costeira seguindo a costa oriental de África ata a costa de Malabar. Mascarenhas emprendeu rumbo ao leste en augas non coñecidas e descubriu algunhas illas, Rodrigues, e bautizou outras, Reunión e Mauricio, á que lle deu o nome de Cerne, do grupo de illas ao leste de Madagascar que agora leva o seu nome (que ademais das anteriores, inclúe as Agalega e o banco de Cargados Carajos; en 1528 o tamén navegante portugués Diogo Rodrigues foi quen bautizou esas illas como illas Mascareñas na súa honra.)

Mascarenhas serviu como capitán xeneral da colonia portuguesa de Malaca de 1525 a 1526. Das súas actividades posteriores emprendidas grazas ao prestixio da súa viaxe e os seus descubrimentos, sábese que participou nunha expedición a Tunisia en 1535 e que tamén representou os intereses portugueses en Roma tralo seu nomeamento como embaixador do rei Xoán III de Portugal no séquito enviado a Roma en 1538. Nese mesmo ano Mascarenhas serviu na frota do terceiro vicerrei portugués das Indias, don García de Noronha.

En 1554, Mascarenhas foi nomeado Vicerrei da India portuguesa, desempeñando o seu cargo desde Goa, a capital das posesións portuguesas en Asia. Suponse que morreu nove meses máis tarde en Goa, en 1555, na idade de 71 anos. Foi sucedido no vicerreinado por Francisco Barreto.[1]

  1. Robert Kerr, ed. (1812). "Conquest of India". A General History and Collection of Voyages and Travels. Edinburgh: William Blackwood. pp. 411.