Petrografía
A petrografía é a rama da xeoloxía que se ocupa do estudo e investigación das rochas, en especial no que respecta ó seu aspecto descritivo, a súa composición mineralóxica e a súa estrutura. Compleméntase así coa petroloxía, disciplina que se centra principalmente na natureza e orixe das rochas.
Estudo das rochas
[editar | editar a fonte]O estudo dunha rocha require en primeiro lugar o exame físico da mesma no que se refire a aspecto, cor, dureza etc. A continuación adoita procederse á súa análise microscópica, para o cal se cortan mediante máquinas especiais seccións de espesor mínimo que permitan a súa exploración ó microscopio. Este revela a forma dos cristais que compoñen a rocha, a relación entre os distintos minerais, a microestrutura e toda unha serie de magnitudes avaliables.
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Kerr, P. F. "Mineralogía óptica". Madrid (1972).