Phengaris alcon
Phengaris alcon | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
En perigo[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Phengaris alcon (Denis & Schiffermüller, 1775) | |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
Glaucopsyche alcon |
A Phengaris alcon é unha especie de bolboreta da familia dos licénidos que habita en Europa e Asia setentrional. Pode ser vista durante o verán. Como outras especies de Lycaenidae, no seu estadio larvario (eiruga) depende do apoio de certas formigas; como tal é designada como unha especie mirmecófila, un exemplo de coevolución.
Ciclo de vida
[editar | editar a fonte]Esta bolboreta deposita os seus ovos na Gentiana pneumonanthe; (na rexión dos Alpes son ás veces atopados na Gentiana asclepiadea). As eirugas non comen outras plantas.[2]
As larvas abandonan a planta despois de medrar abondo (4º estadio) e agardan no chan até ser atopadas por determinadas formigas. As larvas emiten químicos superficiais (alomonas) moi semellantes ás das larvas das formigas, o que induce ás formigas a transportar as larvas da bolboreta ó interior dos seus formigueiros, colocándoas a carón das súas larvas; alí son alimentadas polas formigas obreiras mentres que a formigueira devora as larvas das formigas.[3]
Cando a larva da bolboreta está totalmente desenvolvida transfórmase en pupa. Cando o adulto emerxe ten que emprender a fuga do niño de formigas. Estas recoñecen a bolboreta como un intruso, pero cando tratan de atacala coas súas mandíbulas non conseguen agarrala pois a bolboreta posúe unha capa espesa de escamas que se soltan facilmente.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ {{{assessors}}} (1996). Maculinea alcon. 2006 Lista Vermella de Especies Ameazadas IUCN. IUCN 2006. Consultado o 8 de maio de 2006.
- ↑ Bellmann, Heiko (2003): Der neue Kosmos-Schmetterlingsführer.
- ↑ Caterpillars con ants with smell, BBC News, 4 de xaneiro de 2008
- ↑ Piper, Ross (2007), Extraordinary Animals: An Encyclopedia of Curious and Unusual Animals, Greenwood Press.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Phengaris alcon |