Philippa Foot
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de outubro de 1920 Owston Ferry, Reino Unido (en) |
Morte | 3 de outubro de 2010 (90 anos) Oxford, Reino Unido |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino Unido |
Relixión | Ateo |
Educación | Somerville College |
Actividade | |
Campo de traballo | Ética, Filosofía da mente, estética e filosofía |
Ocupación | filósofa , ética , profesora universitaria , escritora |
Período de tempo | Filosofía contemporánea |
Empregador | Universidade de California, Os Ánxeles |
Membro de | |
Influencias | |
Lingua | Lingua inglesa |
Familia | |
Cónxuxe | M. R. D. Foot (1945–1960), divorcio |
Pais | William Sidney Bence Bosanquet (en) e Esther Cleveland |
Irmáns | Marion Frances Bosanquet (en) |
Premios
| |
Philippa Ruth Foot, nada co apelido Bosanquet en Lincolnshire o 3 de outubro de 1920 e finada en Londres, 3 de outubro de 2010,[1] foi unha filósofa británica, coñecida especialmente por ser unha das fundadoras da ética da virtude contemporánea, inspirada na ética aristotélica desde un punto de vista da filosofía analítica e unha forte influencia de Wittgenstein. O seu traballo foi fundamental para o rexurdir da ética normativa, competindo con outras teorías éticas máis populares como a deontolóxica ou o utilitarista.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Era neta do presidente estadounidense Stephen Grover Cleveland,[2] polo que a súa nai nacera na Casa Branca, como filla do presidente. Foi educada nunha familia acomodada xunto coa súa irmá Marion, coa que compartía o amor pola caza, que máis tarde serviría para construír metáforas para ilustrar as súas discusións filosóficas.
Estudou Filosofía, Política e Economía ('PPE') no Somerville College de Oxford entre 1939 e 1942. A súa estancia en Somerville foi interrompida de 1942 a 1947 durante a Segunda Guerra Mundial, prestando os seus servizos como economista ao goberno. Durante o resto da súa vida, foi profesora de Filosofía (1947–1950), Bolseira e titora (1950–1969), Investigadora principal (1969–1988) e Fellow Honorario (1988–2010). Alí pasou moitas horas debatendo con G. E. M. Anscombe e aprendendo dela sobre a filosofía analítica de Wittgenstein e unha nova perspectiva moral chegando a afirmar: "Aprendín todo dela".[3][4]
A súa obra cambiou de rumbo, con respecto ás súas posicións ocupadas nos anos 50 e 60, ao tentar modernizar a teoría aristotélica, adaptándoa ao mundo contemporáneo e compatibilizándoa con outras teorías modernas como a deontolóxica e a ética utilitarista. Cuestionou "a ortodoxia do pensamento" de Alfred Jules Ayer e Richard Hare e foi unha das pioneiras da ética da virtude. Algúns dos seus traballos foron cruciais para o rexurdimento da ética normativa dentro da filosofía analítica, especialmente a súa crítica ao consecuencialismo (un exemplo familiar diso é a súa discusión continuada sobre o chamado "dilema do carro").
Os seus traballos xiran arredor da ética, e cuestiona temas como o aborto, a eutanasia, a liberdade de vontade, a obxectividade e racionalidade da moral, a virtude e os vicios, a crítica ao utilitarismo e varios dilemas morais.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Philippa Foot obituary". The Guardian. 5 de octubre de 2010.
- ↑ O'Grady, Jane. "Philippa Foot obituary". Consultado o 14 de noviembre de 2017.
- ↑ J.B. Lipscomb,, Benjamin (2023-06-28). "The Women Are up to Something. How Elizabeth Anscombe, Philippa Foot, Mary Midgley, and Iris Murdoch Revolutionized Ethics": 99–107. ISSN 1870-4905. doi:10.22201/iifs.18704905e.2023.1430.
- ↑ Zalta, Edward N. (ed.). Philippa Foot.
- ↑ Foot, Philippa (1967). "The Problem of Abortion and the Doctrine of the Double Effect" (PDF). Oxford Review (en inglés) (5): 8. Consultado o 30/12/18.