Saltar ao contido

Pila AA

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Comparación de pilas comúns.

A pila AA (pronunciado "dobre A"), coñecida tamén como LR6 (CEI), 15A (ANSI/ANDE); é un tamaño estándar de pila eléctrica.

Visión xeral

[editar | editar a fonte]

As pilas AA son polo xeral utilizadas en dispositivos electrónicos portátiles. Está formada por unha soa cela electroquímica. A voltaxe nos terminais e a capacidade depende da reacción química na cela. Algunhas celas recargábeis fabrícanse con este tamaño. Unha pila AA mide un máximo de 50,5 mm e un mínimo de 49,2 mm de lonxitude, e un máximo de 14,5 mm e un mínimo de 13,5 mm de diámetro.[1] O terminal negativo plano debe ter un diámetro mínimo de 7 mm.

A pila AA foi estandarizada por ANSI en 1947, pero estivera en uso por algún tempo iñantes da súa estandarización formal en lanternas pequenas e dispositivos electrónicos.

Química e capacidade

[editar | editar a fonte]

Non recargábeis

[editar | editar a fonte]

As pilas primarias (non recargábeis) de zinc-carbono (pila seca) teñen ao redor de 400 a 900 miliamperios-hora de capacidade; esta medida é moi dependente das condicións de proba, o ciclo de traballo, e a voltaxe de corte. As pilas de zinc-carbono comercialízanse xeralmente como pilas de uso xeral. As pilas de zinc-cloruro almacenan ao redor de 1000 a 1500 mAh e véndense como para traballo pesado ou extra forte. As pilas alcalinas de 1700 mAh a 3000 mAh custan máis ca as baterías de zinc-cloro, pero proporcionalmente, duran máis tempo.

As pilas de litio non recargábeis fabrícanse para dispositivos que utilizan unha grande cantidade de enerxía, tales como cámaras dixitais, onde o seu alto custo compénsase cun maior tempo de funcionamento entre os cambios de pila e tensión máis constante durante a descarga. A partir da metade da década de 2010, saíron ao mercado pilas de litio non recargábeis en formatos AA e AAA.

As pilas de litio-disulfuro de ferro poden ter unha voltaxe de circuíto aberto tan alto como 1,8 voltios, pero a tensión en circuíto redúcese, polo que esta química é compatíbel cos equipos destinados ás baterías de zinc. Unha pila de zinc alcalina nova pode ter unha voltaxe de circuíto aberto de 1,6 voltios, pero unha pila de disulfuro de ferro cunha voltaxe de circuíto aberto por debaixo de 1,7 voltios está totalmente descargada.[2]

Recargábeis

[editar | editar a fonte]

As pilas recargábeis de tamaño AA están dispoñíbeis en múltiples composicións químicas: de níquel-cadmio (NiCd) cunha capacidade de 500 até 1.100 mAh, de níquel-metal hidruro (Nin-MH) en varias capacidades de 1.300 até 3.000 mAh e de ións de litio. As de química de ións de litio teñen unha voltaxe nominal de 3,6 voltios. A estas pilas chámaselles baterías Li-ion 14500.

As pilas de níquel-cinc (NiZn) están tamén dispoñíbeis, pero non tan amplamente.

Características

[editar | editar a fonte]

As pilas deste tamaño posúen denominacións diversas. Unha cela de carbón-zinc (Leclanche) deste tamaño é denominada 15D polo estándar ANSI C18.1 vixente, E91 polo estándar DIN e AM3 polo estándar JIS. A IEC denomínaas co código R6.

Química Nome IEC Nome ANSI / NEDA Voltaxe nominal Capacidade típica (mAh) Capacidade típica (Wh) Recargábel
Zinc–carbono R6 15D 1,50 V 1100 1,6 Non
Alcalina LR6 15A 1,50 V 1700-3000  2,6-3,6 Algunhas
Li-FeS2 FR6 15LF 1,55 V 3000 3,6 Non
Li-ion 14500 3,6-3,7 V 700 2,6 Si
NiCd KR6 1.2K2 1,25 V 500-1100 0,63-1,2 Si
NiMH HR6 1.2H2 1,25 V 1300 -3000  1,5-3,2 Si
  1. Energized. "Classic (LR6) product datasheet" (PDF). Energizer.com (en inglés). 
  2. Lithium Iron Disulfide Handbook and Application Manual, Version LI4.04, Energizer Battery Manufacturing Inc.