Saltar ao contido

Pilar Franco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPilar Franco
Biografía
Nacemento(es) Pilar Franco Bahamonde Editar o valor en Wikidata
27 de febreiro de 1895 Editar o valor en Wikidata
Ferrol, España Editar o valor en Wikidata
Morte6 de xaneiro de 1989 Editar o valor en Wikidata (93 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Familia
PaisNicolás Franco Salgado-Araújo Editar o valor en Wikidata  e Pilar Bahamonde Editar o valor en Wikidata
IrmánsNicolás Franco
Ramón Franco
Francisco Franco Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1163177

Pilar Franco Bahamonde, nada en Ferrol o 27 de febreiro de 1895 e finada en Madrid o 6 de xaneiro de 1989, foi unha muller galega, coñecida por ser irmá do ditador Francisco Franco Bahamonde.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Filla de Nicolás e Pilar, foi a terceira de cinco irmáns: Nicolás, Francisco, Ramón, ela e María de la Paz. Estudou Maxisterio, e en 1914 casou co militar Alfonso Jariaíz Jerez, co quen tivo 10 fillos, enviuvando cando o menor deles tiña 10 meses. Durante un tempo traballou como relacións públicas.

Finou por mor dun derramo cerebral, e foi soterrada no Cemiterio da Almudena de Madrid[1].

Escribiu o libro Nosotros, los Franco (1980), no que contaba detalles da vida familiar.