Portal:Terra Media/Artigo destacado/Arquivo
Aquí están todos os artigos destacados no portal Terra Media:
As armas con nome da Terra Media son as espadas e outras poderosas armas creadas por J. R. R. Tolkien como parte do seu legendarium e unha parte importante na súa mitoloxía. O nomeamento das armas deriva da época medieval, estando presente na mitoloxía nórdica e no poema en inglés antigo Beowulf. Entre as moitas armas nomeadas por Tolkien están Orcrist e Glamdring na obra O hobbit, e Narsil / Andúril na obra The Lord of the Rings.
Existen múltiples paralelismos entre o uso que fai Tolkien dos nomes das armas nos seus escritos da Terra Media e a épica medieval. Estes inclúen a súa transmisión como herdanzas, ás veces reais; o seu redescubrimento en antigos tesouros; o seu adorno con inscrición rúnicas; e a súa vinculación coa vida dos seus propietarios.