Saltar ao contido

Praia de Zurriola

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaPraia de Zurriola
Vista aérea
Imaxe
Tipopraia Editar o valor en Wikidata
Localización
ContinenteEuropa Editar o valor en Wikidata
División administrativaDonostia, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 43°20′N 1°58′O / 43.33, -1.97
Características
Tamaño100 (ancho) × 800 (lonxitude) m

A praia de Zurriola é unha das tres praias da cidade de Donostia (País Vasco). Está situada entre a desembocadura do río Urumea e o monte Ulía, e ten unha lonxitude aproximada de 800 metros.

En 1994 leváronse a cabo unhas obras de reforma da praia. Anteriormente era practicamente inutilizable dada a virulencia das augas. Grazas a ditas reformas, que incluíron a construción dun espigón, a praia aumentou a súa lonxitude, as súas augas fixéronse aptas para o baño e o seu uso multiplicouse.

Fronte ao perfil elegante e tranquilo das praias de Ondarreta e La Concha, a praia de Zurriola consolidouse como unha praia de perfil máis novo e apropiada para a práctica do surf (trátase da praia máis aberta e con máis ondas da cidade) e como escenario dalgúns concertos do Festival de Jazz de Donostia e de competicións de surf, skateboarding e eventos similares.

Está permitida a práctica do nudismo desde 2004, sendo unha das poucas praias urbanas españolas que o permiten.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]