Presidente de Chipre
Aparencia
O presidente da República de Chipre ostenta a xefatura deste Estado. O cargo foi creado no ano 1960, despois de que Chipre obtivo a súa independencia do Reino Unido.
República de Chipre | ||
---|---|---|
Presidente | Mandato | Notas |
Arcebispo Makarios | 1960 - 1974 | |
Nikos Sampson | 1974, (15 de xullo - 23 de xullo) | |
Glafkos Klerides | 1974, (16 de xullo - 7 de decembro) | Presidente interino |
Arcebispo Makarios | 1974 - 1977 | Segunda vez |
Spyros Kyprianou | 1977 - 1988 | |
Georgios Vasiliou | 1988 - 1993 | |
Glafkos Klerides | 1993 - 2003 | |
Tassos Papadopoulos | 2003 - 2008 | |
Dimitris Christofias | 2008 - 2013 | Primeiro presidente comunista de Chipre |
Nicos Anastasiades | 2013 - 2023 | |
Nikos Christodoulides | Dende 2023 |
Cómpre dicir que en 1974 Turquía invadiu o Norte de Chipre, e que en 1983 se creou a República Turca do Norte de Chipre. Desde 1974, o Presidente de Chipre exerce as súas funcións no sur da illa.