Que veñen os rusos
Que veñen os rusos | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Russians Are Coming, the Russians Are Coming |
Director | Norman Jewison |
Produtor | Norman Jewison |
Guión | William Rose |
Baseado en | The Off-Islanders, de Nathaniel Benchley (1961) |
Intérpretes | Carl Reiner Eva Marie Saint Alan Arkin Brian Keith Jonathan Winters Theodore Bikel Paul Ford |
Música | Johnny Mandel, Bonia Shur |
Fotografía | Joseph F. Biroc |
Montaxe | Hal Ashby, J. Terry Williams |
Estudio | The Mirisch Corporation |
Distribuidora | United Artists |
Estrea | 25 de maio de 1966 |
Duración | 126 min |
Orixe | Estados Unidos |
Orzamento | 3,9 millóns de dólares[1] |
Recadación | 21 693 114[2] |
Na rede | |
Que veñen os rusos (en inglés: The Russians Are Coming, the Russians Are Coming) é unha comedia estadounidense de 1966 dirixida por Norman Jewison en Panavision. Está baseada na novela de Nathaniel Benchley The Off-Islanders, e foi adaptada ao cinema por William Rose.
O filme mostra o caos que segue á chegada do submarino soviético Спрут ("polbo") a unha pequena illa de Nova Inglaterra durante a guerra fría. O filme está protagonizado por Carl Reiner, Eva Marie Saint, Alan Arkin no seu primeiro papel importante, Brian Keith, Theodore Bikel, Jonathan Winters e Paul Ford.
Foi estreado en galego pola Televisión de Galicia o 23 de novembro de 2001.[3]
Argumento
[editar | editar a fonte]Un submarino da mariña soviética chamado Спрут achégase demasiado á costa de Nova Inglaterra unha mañá de setembro cando o seu capitán (Theodore Bikel) quere botar un ollo aos Estados Unidos e embarranca nun banco de area preto da ficticia illa de Gloucester, en Massachusetts, cunha importante poboación de turistas no verán, pero agora reducida a douscentos habitantes. En vez de pedir axuda por radio e arriscarse a un vergoñento incidente internacional, o capitán envía unha partida de sete homes liderada polo seu zampolit o tenente Yuri Rozanov (Alan Arkin), para que atope un motor que axude a liberar o submarino. Os homes chegan á casa de Walt Whittaker (Carl Reiner), dramaturgo neoiorquino de vacacións.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Alan Arkin como Tte. Yuri Rozanov
- Carl Reiner como Walt Whittaker
- Eva Marie Saint como Elspeth Whittaker
- Brian Keith como Police Chief Link Mattocks
- Jonathan Winters como Officer Norman Jonas
- Paul Ford como Fendall Hawkins
- Theodore Bikel como The Russian Captain
- Tessie O'Shea como Alice Foss (telephone operator)
- John Phillip Law como Alexei Kolchin
- Ben Blue como Luther Grilk (town drunk)
- Don Keefer como Irving Christiansen
- Andrea Dromm como Alison Palmer
- Sheldon Collins como Pete Whittaker
- Guy Raymond como Lester Tilly
- Cliff Norton como Charlie Hinkson
- Michael J. Pollard como Stanley, the airplane mechanic
- Richard Schaal como Oscar Maxwell
- Milos Milos como Lysenko
- Cindy Putnam como Annie Whittaker
- Johnny Whitaker como Jerry Maxwell
Produción
[editar | editar a fonte]Aínda que o filme está ambientado na ficticia illa de Gloucester na costa de Massachusetts, foi rodado na costa norte de California, principalmente en Mendocino. As escenas do porto foron filmadas en Noyo Harbor en Fort Bragg, California, unhas sete millas ao norte de Mendocino. A causa da rodaxe na costa oeste, as escenas do amencer do comezo do filme foron rodadas realmente ao solpor empregando un filtro rosa.[4]
O submarino empregado era falso. A mariña estadounidense rexeitou emprestar un para a produción e prohibiu que o estudio trouxese un submarino ruso real.[5] A Mirisch Company alugou unha maqueta dun submarino que xa fora usada no filme de 1965 Morituri.[6]
Os avións eran F-101 Voodoo reais do 84th Fighter-Interceptor Squadron, da próxima Hamilton Air Force Base.
Recepción
[editar | editar a fonte]O filme foi un éxito de crítica e público. Segundo Norman Jewison, o filme (estreado en plena guerra fría) tivo un impacto considerable tanto en Washington como en Moscova. Foi un dos poucos filmes estadounidenses da época en que aparecía unha visión positiva dos rusos. O senador Ernest Gruening menciounou o filme nun discurso no Congreso, e proxectouse unha copia do filme no Kremlin. Segundo Jewison, cando se presentou na unión de escritores cinematográficos soviéticos, Sergei Bondarchuk rompeu a chorar.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Tino Balio, United Artists: The Company That Changed the Film Industry, University of Wisconsin Press, 1987 p. 186
- ↑ "The Russians are Coming, the Russians are Coming!, Box Office Information". The Numbers. Arquivado dende o orixinal o 15 de xuño de 2013. Consultado o 16 de abril de 2012.
- ↑ Programación de televisión
- ↑ "Filmed in Mendocino". Arquivado dende o orixinal o 14 de decembro de 2019. Consultado o 14 de maio de 2020.
- ↑ Place, Hill (21 de febreiro de 2016). "Hill Place: "Flat Top" to "The Great Escape" to "Midway": An Interview with Producer Walter Mirisch".
- ↑ Mirisch, Walter I Thought We Were Making Movies, Not History Univ of Wisconsin Press, 10 de abril de 2008, pp. 241-242
- ↑ "The Russians Are Coming to Hollywood", (DVD featurette), 2002.
- Filmes de 1966
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes dirixidos por Norman Jewison
- Filmes ambientados nos Estados Unidos de América
- Filmes rodados en California
- Filmes ambientados en Massachusetts
- Filmes sobre a Guerra Fría
- Filmes de United Artists
- Filmes de 1966 con versión en galego