Saltar ao contido

Río Millars

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaRío Millars
Imaxe
Tiporío
curso de auga
río principal Editar o valor en Wikidata
Inicio
División administrativaAragón, España e Comunidade Valenciana, España Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónEl Castellar Editar o valor en Wikidata
Final
LocalizaciónMar Mediterráneo Editar o valor en Wikidata
Mapa
 40°24′15″N 0°47′34″O / 40.40419, -0.79278
39°54′31″N 0°00′44″O / 39.90862, -0.01212
Afluentes
Conca hidrográficaconca hidrográfica do Xúcar Editar o valor en Wikidata
Características
Dimensións156 (lonxitude) km
Superficie da cunca hidrográfica4.028 km² Editar o valor en Wikidata
Medicións
Caudal14,72 m³/s Editar o valor en Wikidata
O río Millars ó seu paso por Vila-real

O río Millars (en castelán: Mijares) é un río da Península Ibérica que nace na Serra de Gúdar no termo municipal de El Castellar (Teruel), da unión de diversos ríos a uns 1.600 m de altitude e que desemboca entre os termos de Almassora e Borriana, na provincia de Castelló, tras 156 km de percorrido.

Nacemento

[editar | editar a fonte]

O Millars nace en El Castellar, Teruel.

Afluentes

[editar | editar a fonte]

Preto do seu nacemento está tamén o do seu principal afluente o Valbona e o do tamén afluente Albentosa. Xa na Comunidade Valenciana os principais afluentes do Millars son: Maimona, Montán, o barranco de Paus, a rambla de la Viuda e o río Villahermosa en Vallat.

Réxime fluvial

[editar | editar a fonte]
O río Millars na zona do encoro de Sitjar, na vila de Ribesalbes.

O réxime do río é pluvial mediterráneo aínda que cun lixeiro matiz nival debido á altura á que nace. Iso provoca no curso baixo do río a existencia dun período de relativo caudal en febreiro e xuño, superados en outubro e notorios descensos en xaneiro e sobre todo agosto. O carácter mediterráneo do río provoca a existencia de monstruosas avenidas das cales as máis importantes foron a de 1922 cun máximo de 3000 m³/s e a de 1957 da que non se teñen estimacións debido a que destruíu os aforamentos.

Desembocadura

[editar | editar a fonte]

Na súa desembocadura forma unha marisma, Les Goles del Millars, alargada duns 90 metros de anchura, que se fai máis angosta na liña da costa polo avance dun cordón litoral desde o norte que a pecha parcialmente (40 metros).

A superficie da conca é de 4.028 km² e o caudal medio é de 14,72 m³/s, na localidade de Cirat.