Saltar ao contido

Radio Océano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Radio Océano
OrixeA Coruña, Galiza
Período1981 - 1987
Xénero(s)rock, punk
MembrosJohnny Rotring (Xosé Manuel Pereiro)
Rossmero (Santiago Romero)
Quique
Renato 414 (Pablo Iglesias)
Sitdown (Sito Evangelista)
Pablo Constenla
Dani Punta
Jorge Fernández
Santi Pazos
Na rede
Discogs: 2263964 Editar o valor en Wikidata

Radio Océano foi un grupo de punk-rock galego creado na Coruña en 1981 (aínda que con algún músico de Ferrol). Foron moi activos na escena do rock galego da época, que eles axudaron a fundar.

O grupo formárono os xornalistas coruñeses Xosé Manuel Pereiro e Santiago Romero en 1981 e axiña comezaron a tocar cos grupos que naquel momento comezaban a facer música rock na Galiza (Siniestro Total, Os Resentidos). Tamén facían parte da publicación alternativa La Naval (1986-1987) e colaboraban co poeta Lois Pereiro.

Tiveron unha presenza moi activa nos programas de Radio 3 de Radio Nacional de España, o que lles permitiu gravar o seu único LP (Nin falta que fai), no ano 1985. O seu disco é unha obra seminal do rock galego e ademais de ser unha peza de coleccionista é valorado como un dos discos fundamentais na historia do rock galego.[1].

Disolvéronse en 1987. O seu baixista nesa época cambiou mais tarde o seu nome artístico e converteuse en Pablo Bicho. O batería das formacións terceira e cuarta (1984-1987), Dani Punta, tocaba simultaneamente no grupo Viuda Gómez e Hijos.[2]

Co gallo do 25 aniversario de La Naval, varios músicos relacionados co movemento bravú organizaron un concerto homenaxe que tivo lugar o 22 de abril de 2010 na sala Nasa de Santiago de Compostela. Nese concerto, integrantes de Ultraquans e The Homens acompañaron a Rotring, con dúos con Julián Hernández, Miguel Costas, Uxía Senlle, Paco Lodeiro ou Antón Losada. Logo, compoñentes da segunda formación subiron a un escenario xuntos por primeira vez dende había 25 anos, e interpretaron algunhas das súas cancións máis recordadas.

Para maio de 2018 está prevista a saída dun disco recompilatorio, un vinilo dobre que será editado por Subterfuge Records.

Primeira formación 1981-82

[editar | editar a fonte]
  • Renato 414 (Pablo Iglesias) - batería
  • Rossmero (Santiago Romero) - guitarra
  • Johnny Rotring (Xosé Manuel Pereiro) - voz
  • Quique - baixo

Segunda formación 1982-84

[editar | editar a fonte]
  • Renato 414 (Pablo Iglesias) - guitarra
  • Rossmero (Santiago Romero) - baixo
  • Johnny Rotring (Xosé Manuel Pereiro) - voz
  • Sitdown (Sito Evangelista) - batería

Terceira formación 1984-87

[editar | editar a fonte]
  • Renato 414 (Pablo Iglesias) - guitarra
  • Johnny Rotring (Xosé Manuel Pereiro) - voz
  • Pablo Constenla - baixo
  • Dani Punta - batería
  • Suso Iglesias utilizou a gaita galega na gravación do tema "Terra Chá"

Cuarta formación 1987-88

[editar | editar a fonte]
  • Johnny Rotring (Xosé Manuel Pereiro) - voz
  • Dani Punta - batería
  • Jorge Fernández - guitarra
  • Santi Pazos - baixo

Discografía

[editar | editar a fonte]

LP

  • Nin falta que fai (LP 1985) RNE
  • Radio Océano (Single) 2016. Pantera Iribarne
  • Memorias do óxido (Doble LP e CD). 2018. Subterfuge Records
  • Un Furioso Silencio (LP) Ferror Records / Ulomanía Coop. / Pafff Bum! Discos, 2023.

Outros

  • "Hago cine con mi coche" - "Pánico en las Falkland" (maqueta gravada no estudo de Romaní na Coruña) 1983
  • "Hago cine..." - "Narcisismo" - "Volverás" - "Quisiera que Stanley..." (maqueta gravada en Lisboa) 1984

O tema "Narcisismo", con letra de Lois Pereiro, foi incluído no recompilario Rock Gallego. Donde estabas tú? (DRO, 1994). En 2011 foi versionada por Das Kapital e incluída no seu disco Ruído negro.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]